Por unha volta ao cole segura

A Federación de Anpas da Coruña, percente a CONFANPA (Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos), e conxuntamente coa Confederación de ANPAS Galegas, fan un chamamento ao seguimento da folga de profesorado convocada para o día 10 para infantil e primaria e luns 16 para secundaria.

No manifesto reclaman unha volta segura ás aulas, algo que está lonxe de garantir o protocolo da Xunta, baseado en responsabilizar a nenos e nenas e profesorado do cumplimento dunhas medidas case que imposibles de implantar e que vulneran os dereitos dos nenos e nenas.

Deixámosvos o manifesto e o chamamento á folga, sabemos que todos e todas tendes ganas de retomar a normalidade e que hai moita necesidade de conciliación, mais cremos que esto non debe facerse a costa do benestar das nosas crianzas. O próximo 10 de setembro, non lle deamos a Xunta a foto que respalda as súas políticas, digamos ben claro toda a comunidade educativa que son necesarias medidas que garanticen a seguridade e o benestar dos nosos nenos e nenas.

Cando por problemas de conciliación e/ou condicións familiares non sexa posible, propoñemos que leven un brazalete ou lazo negro tanto familias, crianzas e profesorado para manifestar o apoio o día da folga.
Convidamos ademais a que toda a comunidade educativa leve ditos brazaletes ou lazos negros todos os días durante dúas semanas.

A continuación o texto completo coas reivindicacións:

E que pasa co noso centro?

O pasado fin de semana o centro publicou dous documentos en relación cos protocolos derivados da Covid para o desenvolvemento do próximo curso 2020/2021.

O persoal do centro elaborou os documentos atendendo ás indicacións publicadas pola Consellería de Educación con anterioridade. Somos conscientes da dificultade de facer un bo plan sen dispoñer de máis recursos pero pensamos que o plan para o noso centro é mellorable.

Desde a ANPA queremos manifestar o noso desacordo con algunhas medidas:

– Consideramos que reducir os recreos e o tempo ao aire libre vai en contra das recomendacións sanitarias vixentes, que chaman a un maior uso do exterior;

– Cremos que se debería planificar mellor a entrada escalonada, utilizando se é preciso ambas as portas, de xeito que se reduzan os tempos de espera das familias que teñan nenos e nenas con diferentes horas de entrada.

– Preocúpanos a concentración de persoas na porta exterior, en Paseo de Ronda. Sería necesario dispoñer dunha entrada máis ancha, onde non se acumulase a xente na entrada e saída do centro.

– Suxerimos a instalación de medidores de CO2 nas aulas, que axuden a garantir unha ventilación das aulas de acordo aos límites esixidos e recomendados polas institucións.

– Tamén cremos que a prohibición do uso do areeiro e os columpios do patio non responden á realidade da súa capacidade de contaxio, e a realidade é que dita prohibición non ten en conta o xogo dos máis pequenos do centro.

Estas medidas non deberan facernos esquecer que o que realmente precisamos serían máis aulas,máis profesorado e en xeral, máis persoal e otros medios, de xeito que fose posible que o alumnado asistise as clases nun entorno o máis seguro posible.

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s