Que é?
O comedor é un servizo que ofrece comidas aos nenos e nenas no comedor do colexio (edificio NORMAL) para permitir a conciliación laboral das familias.
Folleto informativo 2022/2023
Descargar díptico dos servizos de Jardanay_2022-23
Horario
De 14:00h a 16:00
Como dar de alta un alumno/a?
O proceso faise a través da web que Jardanay habilita a este efecto:
- Accede a aplicación no enderezo: www.jardanay.es
- Preme no apartado “área clientes“
- Selecciona o colexio “CEIP Prácticas“
- Usa as seguintes credenciais:
- usuario: practicas
- contrasinal: comedores2022
Unha vez dentro da zona privada, os diferentes formularios aparecerán na parte esquerda da pantalla. No caso de querer solicitar máis dun servizo, deberase encher e enviar un formulario de cada vez.
Se o formulario está correctamente rexistrado, recibirase unha copia da solicitude no enderezo de correo electrónico indicado no mesmo.
NOTA ACLARATORIA: No formulario pide o NIF do neno ou nena, se non ten basta cubrir ese campo con 00000000X para poder enviar.
Inicio de curso 2022-2023: poderán realizarse desde el día 10 ao 30 de agosto, ambos incluídos.
Como dar de baixa ou modificar as condicións de uso do servizo
As modificacións tamén se deben comunicar a través dos formularios. No caso de baixas ou modificacións no uso do servizo debe comunicarse a través do formulario correspondente antes do día 26 do mes anterior no que teña que facer efecto.
Non se poderán comunicar baixas ou modificacións de uso de servizo por ningunha outra vía (telefónica, correo electrónico, etc) nin terán efecto as realizadas fora de prazo.
Prezos
Prezos mensuais segundo modalidade (IVE incluído)
Cando existan dous irmáns ou irmás acudindo ao comedor haberá un desconto do 10% para a modalidade máis económica. Se son tres ou mais irmáns/irmás o desconto será do 12% tamén nas modalidades máis económicas.
Fixo todo o mes | 82.34 € |
Fixo 4 días á semana | 67.57 € |
Fixo 3 días á semana | 51.19 € |
Fixo 2 días á semana | 34.32 € |
Fixo 1 día á semana | 17.26 € |
Esporádico | 5.95 € |
Forma de pago
- Sempre mediante domiciliación bancaria, nos 15 primeiros días do mes (salvo nos meses de setembro e outubro).
- En caso de altas extraordinarias, o recibo pasarase no mes seguinte á cumprimentación do formulario electrónico de inscrición. O importe calcularase en proporción aos días que se faga uso do servizo.
- A ausencia do comedor non exime do pago da cota.
Seguro de Accidentes
A empresa concertará un seguro que cubra as continxencias ocorridas mentres duran os seus servizos. Este seguro de accidentes pagarase polos usuarios e usuarias do servizo no primeiro recibo de cada curso ou pola ANPA nos primeiros meses do curso. Trátase dun pago único de 8 €.
Dietas e alerxias alimentarias
- Dieta Branda: avisar ó teléfono do coordinador ou á oficina antes das 10:00 da mañá.
- Alerxias ou intolerancias alimentarias (p.ex. intolerancia á lactosa): cubrirase o formulario electrónico correspondente no momento da inscrición e anexarase informe médico. Imprescindible avisar con un mínimo de cinco días de antelación ao inicio do servizo.
Podes consultar o “Manual sobre alerxias e intolerancias alimentarias“ elaborado pola empresa aquí: descargar manual
Empresa
Actualmente a empresa encargada dos servizos de comedor e madrugadores é Jardanay.
OFICINAS JARDANAY
Menéndez Pelayo 12, 1ºIzda. A Coruña (ver en mapa)
Teléfono: 981 12 66 27 / fax: 981 120 805
(8:00h a 19:00h)
web: http://jardanay.es
fb: https://www.facebook.com/Jardanay-SL-686583091429212
- Maio 2023
- Abril 2023
- Marzo 2023
- Xaneiro 2023
- Novembro 2022
- Outubro 2022
- Setembro 2022
- Agosto 2022
- Xuño 2022
- Maio 2022
- Abril 2022
- Febreiro 2022
- Xaneiro 2022
- Novembro 2021
- Outubro 2021
- Setembro 2021
- Agosto 2021
- Xullo 2021
- Xuño 2021
- Maio 2021
- Abril 2021
- Marzo 2021
- Febreiro 2021
- Xaneiro 2021
- Outubro 2020
- Setembro 2020
- Xuño 2020
- Maio 2020
- Marzo 2020
- Febreiro 2020
- Xaneiro 2020
- Decembro 2019
- Novembro 2019
- Outubro 2019
- Setembro 2019
- Xuño 2019
- Maio 2019
- Abril 2019
- Marzo 2019
- Xaneiro 2019
- Decembro 2018
- Novembro 2018
- Outubro 2018
- Setembro 2018
- Xuño 2018
- Maio 2018
- Abril 2018
- Marzo 2018
- Febreiro 2018
- Xaneiro 2018
- Novembro 2017
- Outubro 2017
- Setembro 2017