11/10/2022: Incidencia cobros piscina
Bo día, detectouse que desde Termaria enviaronse algúns cobros incorrectos a xente que estaba anotada en piscina o curso pasado. Por favor, revisade a conta e se detectades algún cobro que non se corresponda coa renovación da actividade este curso ou se xa non asiste poñédevos en contacto con eles para solventalo o antes posible.
14/09/2022: Convocatoria Asamblea Ordinaria
Convocamos a toda a comunidade educativa a Asamblea Ordinaria Anual que terá lugar o próximo martes 27 de setembro ás 16.30h na aula 2 da Normal (edificio anexo ao centro).
Trataranse temas de interese para toda a comunidade educativa, polo que animámosvos a acudir. Contaremos con servizo de conciliación para aquelas persoas que veñades cos nenos e nenas.
Próximamente colgaremos a orde do día.