
A ANPA é a ferramenta principal da que dispoñemos as familias para canalizar a nosa opinión e participar nas decisións do centro, contribuíndo a enriquecer a comunidade educativa. Tamén colabora para a realización de eventos no centro tales como celebracións, actividades globais ou proxectos educativos complementarios para toda a comunidade. Neste blog podedes atopar exemplos de cousas que se fixeron ao longo dos últimos anos e que non sería posibles sen o apoio e colaboración das familias.
Ademáis desto, xestiona servizos fundamentales para a conciliación como son madrugadores, comedor e as actividades extraescolares. No caso de madrugadores e comedor, encárgase a empresa coruñesa Jardanay e na actualidade damos cobertura a máis de 100 familias.
O servizo ofrecido no comedor é de liña quente, que quere dicir que o centro non dispón de cociña in situ, pero a comida prepárase nas naves da empresa e lévase quente, sen pasar por ningún proceso de conservación extra, o que garantiza unha comida recén feita na que ademáis priman os productos de tempada e de calidade. Existe a posibilidade de vir xantar no centro un día para comprobalo e a empresa tamén ofrecenos a posibilidade de organizar desde a ANPA unha visita grupal ás súas cociñas centrais (ambas cousas están suxeitas a consulta previa e aprobación por parte da empresa).
Para o alumnado que asiste a madrugadores e comedor, a empresa organiza talleres e experiementos voluntarios e gratuitos para achegar ás nenas e nenos conceptos de ciencia relacionados coa alimentación, podedes ver alguns que xa se fixeron no blog.
Os horarios nos que se ofertan estes servizos son os seguintes:
- Madrugadores; de 8h a 9h (sen servizo de almorzo).
- Madrugadores con almorzo: de 7:30 a 8:00
- Servizo de comedor; de 14:00 a 16:00
- Cambiadores: de 7:30 a 16:00
Ambos servizos son independentes, requiren inscrición e teñen a súa propia cota. Podes consultar toda a información de cada servizo nos apartados correspondentes.
A ANPA tamén organiza as actividades extraescolares, buscando sempre ofrecer a maior diversidade para todos os niveis e cubrir a franxa de 16h a 18h en favor da conciliación familiar, se ben ao tratarse dun centro pequeno a realización das actividades propostas está suxeito á formación do grupo mínimo. Podedes consultar na sección correspondente as actividades ofertadas cada curso.