Que é?
Madrugadores é un servizo complementario, na liña de apoio á conciliación da vida laboral e familiar, que consiste na ampliación do horario de apertura , durante todos os días lectivos, do noso centro.
Horario
De 7:30h a 9:00h
– 7:30 – 8:00 Almorzo no comedor
– 8:00 – 9:00 Madrugadores no Ximnasio
Folleto informativo 2022/2023
Descargar folleto de Jardanay 2022-2023
Como dar de alta un alumno/a?
O proceso faise a través da web que Jardanay habilita a este efecto:
- Accede a aplicación no enderezo: www.jardanay.es
- Preme no apartado “área clientes“
- Selecciona o colexio “CEIP Prácticas“
- Usa as seguintes credenciais:
- usuario: practicas
- contrasinal: comedores2022
Una vez dentro da zona privada, os diferentes formularios aparecerán na parte esquerda da pantalla. No caso de querer solicitar máis dun servizo, deberase encher e enviar un formulario de cada vez.
Se o formulario está correctamente rexistrado, recibirase unha copia da solicitude no enderezo de correo electrónico indicado no mesmo.
NOTA ACLARATORIA: No formulario pide o NIF do neno ou nena, se non ten basta cubrir ese campo con 00000000X para poder enviar.
Como dar de baixa ou modificar as condicións de uso do servizo
As modificacións tamén se deben comunicar a través dos formularios. No caso de baixas ou modificacións no uso do servizo debe comunicarse a través do formulario correspondente antes do día 26 do mes anterior no que teña que facer efecto.
Non se poderán comunicar baixas ou modificacións de uso de servizo por ningunha outra vía (telefónica, correo electrónico, etc) nin terán efecto as realizadas fora de prazo.
Como facer uso do servizo de forma esporádica?
Para utilizar o servizo de forma esporádica é recomendable avisar ó teléfono da coordinadora ou da oficina (637 764 200, 981 126 627) con anterioridade.
Para o servizo de madrugadores é necesario avisar o día anterior.
Prezos
Prezos mensuais segundo modalidade (IVE incluído)
Cando existan dous irmáns ou irmás acudindo a madrugadores haberá un desconto do 10% para a modalidade máis económica. Se son tres ou mais irmáns/irmás o desconto será do 12% tamén nas modalidades máis económicas.
MADRUGADORES sen almorzo MADRUGADORES con almmorzo | |
Fixo mes | 21.90€ 35.04€ |
Fixo 4 días | 19.71€ 29.07€ |
Fixo 3 días | 14.79€ 21.81€ |
Fixo 2 días | 9.86€ 14.54€ |
Fixo 1 día | 4.93€ 7.26€ |
Esporádico | 2.00€ 2.50€ |
Forma de pago
- Sempre mediante domiciliación bancaria, nos 15 primeiros días do mes (salvo nos meses de setembro e outubro).
- En caso de altas extraordinarias, o recibo pasarase no mes seguinte á cumprimentación do formulario electrónico de inscrición. O importe calcularase en proporción aos días que se faga uso do servizo.
- Alumnos esporádicos: pago “in situ” a través do “sistema de vales”.
- A ausencia do servizo non exime do pago da cota.
Seguro de Accidentes
A empresa concertará un seguro que cubra as continxencias ocorridas mentres duran os seus servizos. Este seguro de accidentes pagarase polos usuarios e usuarias do servizo no primeiro recibo de cada curso ou pola ANPA nos primeiros meses do curso. Trátase dun pago único de 4€.
Empresa
Actualmente a empresa encargada dos servizos de comedor e madrugadores é Jardanay.
OFICINAS JARDANAY
Menéndez Pelayo 12, 1ºIzda. A Coruña (ver en mapa)
Teléfono: 981 12 66 27 / fax: 981 120 805
(8:00h a 19:00h)
web: http://jardanay.es
fb: https://www.facebook.com/Jardanay-SL-686583091429212