Xa estamos de novo polo tempo do Samaín. Como sabedes este curso non é posible facer a tradicional festa do cole coas cabazas polos corredores e as castañas quentiñas, pero non queremos perder o espíritu festivo. Así que non esquezades decorar unha cabaza na casa e enviar unha fotografía da mesma, indicando o nome e o curso ao seguinte enderezo de correo: samain.ceip.practicas@gmail.com e irán colgándoas nunha sección onde poderemos velas e disfrutar na distancia!
O pasado sábado levamos a cabo unha pequena limpeza do areal de Riazor, como parte da limpeza simultánea que organiza a Asociación Ecoloxista ADEGA cada ano.
Atopamos sobre todo pequenos plásticos, trozos de redes e cabos dos barcos pesqueros e toalliñas e outros materiais de hixiene que chegan a través dos inodoros e das alcantarillas ao mar e que éste devolveu na última marea. Tamén atopamos moitos plásticos e cabichas que viñan directamente da cidade, sen pasar polo mar. É imprescindible que tomemos conciencia sobre a importancia de reducir o consumo de plásticos dun só uso, xa que logo tardan moitos anos en desintegrarse, e de reciclar ou desbotar correctamente o lixo que xeramos para coidar o noso entorno e a natureza que nos rodea.
Deixámosvos algunhas fotos desta fermosa xornada que agardamos repetir en edicións sucesivas.
O próximo sábado 17 de outubro realizaremos unha limpeza da praia de Riazor, no marco da xornada de limpeza simultánea de praias que organiza a Asociación Ecoloxista ADEGA. Trátase dunha actividade de educación medioambiental coa que os máis pequenos e nós mesmos comprobaremos a importancia de xerar menos residuos e desbotalos adecuadamente e reflexionaremos sobre o papel das persoas no coidado do noso entorno.
A actividade dará comenzo ás 10.30 na escalinata que baixa das Esclavas, onde faremos unha breve explicación e separaremonos en grupos de máximo 10 persoas, tal e como nos recomendan desde a asociación, para evitar contactos estreitos.
Agardamos que vos animedes e veñades disfrutar desta xornada no noso entorno natural máis próximo! Para calquera dúbida podedes contactar connosco a través do correo: anpa.practicas.corunha@gmail.com.
Prazo de inscrición e comezo da actividade por determinar.
NATACIÓN TERMARIA
Recordamos a todas as familias que na actividade de natación segue aberto o prazo de inscripción; Lugar; Termaria Horario; xoves 16:30 a 17:15 Pago trimestral (consulta en termaria)
A actividade dará comezo o próximo xoves 1 de outubro.
ENGLISH CLUB “ON LINE”
Tras a boa experiencia dos grupos de inglés durante o confinamento, continuamos coa oferta de English Club “On line”.
Os horarios e niveis serán acordados segundo número de inscritos e preferencias das familias. Prezo de 2 sesións semanais de unha hora 12,5€. Xa hai un grupo e segue aberto prazo ata o 30 de setembro.
Para inscribirse contactar con Ramón Casas (Coordinador English Club) 675 551 754
Para o mércores 16 de setembro ás 19 horas, hai convocadas mobilizacións en diferentes puntos de todas as Provincias (achegamos cartaz coa información) a prol dunha volta segura ás aulas, ás que se suma CONFAPA-GALICIA (Federacións Provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra). No noso caso será na praza de Pontevedra.
Sobra decir que é moi importante ter en conta: — Respectar ás medidas de seguridade: distancia social de seguridade, máscaras.– As familias dos Concellos que teñen limitadas as reunións a 10 persoas, poden acudir ás mobilizacións; único requisito, concentracións en grupos de 10 persoas (pode haber 1000 persoas, agrupadas en 100 grupos de 10, por exemplo).
ESIXIMOS: ensino presencial, reducción da ratio, aumento de profesorado e o resto de medidas presentes no comunicado publicado en días anteriores e que vos deixamos de novo a continuación.
Case no límite pero finalmente alegrámonos de confirmar que nos ceden o comedor un ano máis para ofrecer o servizo, que estará funcionando desde mañá mesmo. Este ano ven marcado polo novo protocolo que tivo que adoptar Jardanay para respetar distancias e grupos tal e como esixe a Xunta. A continuación deixámosvos o díptico coa información deste curso.
Servizo de madrugadores
Prestarase no horario de 8 a 9h. Ás 8,45 pecharase o acceso dos nenos e nenas a madrugadores, que terá lugar no ximnasio do centro.
A saída do servizo realizarase en tres tandas:
Ás 08:50h, achegarase o alumnado de 4º a 6º de Primaria ao patio cuberto onde se colocaran na súa fila.
Ás 09:05h achegarase o alumnado de 1º a 3º de Primaria ao patio cuberto onde se colocaran na súa fila.
Ás 09:20h achegarase o alumnado de Infantil ao patio cuberto e colocaranse na súa fila.
Servizo de comedor
Inicialmente establecense dúas quendas no servizo de comedor:
Primeira quenda: 13:30h a 14:30h. Asistirá o alumnado de Educación Infantil. Ás 13:45h entrará no comedor 1ºA e 2º de Primaria; ás 13:55h entrará 1ºB.
Segunda quenda: 14:45h a 15.30h. Asistirá o alumnado de 3º a 6º de Primaria.
O comedor será limpado e desinfectado entre ambas as quendas, realizando tamén unha ventilación de 15 minutos. Establécese un único horario de saída de 15.45 a 16h desde o patio cuberto.
Nota: Mentres dure esta situación excepcional non haberá lavado de dentes tras a comida, así que non fai falla mandar cepillo e pasta.
Jardanay en casa
A maiores, e derivado da situación actual, Jardanay puxo en marcha un novo servizo de comida para levar para as familias que desexen apuntarse. Consta de un primeiro e un segundo, en barquetas termoselladas, un boliño de pan e un postre. Sírvese nunha bolsa que se lle entrega ao neno ou nena no momento da saída.
Podedes descargar na seguinte ligazón o protocolo completo achegado por Jardanay, onde se detallan todas as medidas de seguridade implementadas: