Asóciate

Por e para que asociarse á ANPA?

  • Porque coa túa achega pódense levar a cabo actividades como o Magosto, o Samaín, a Festa de Nadal, Festa de Fin de Curso…
  • Porque é un medio de manterte informado/a das cousas que ocorren no colexio e afectan aos teus nenos e nenas.
  • Porque a ANPA é un medio de participación activa na toma de decisións no colexio.
  • Porque co meu apoio a ANPA pode xestionar o comedor, madrugadores, actividades extraescolares así como outros servizos.

O pago da cota da dereito á utilización dos servizos xestionados pola Asociación.

Cotas da ANPA

Asociarse á ANPA ten unha cota anual que debe aboarse no momento da alta (ou renovación).

Para facerse socio/a da ANPA tense en conta a unidade familiar, variando a cota en función do número de fillos e fillas matriculadas no colexio:

  • 1 fillo/a -> 20€/ano
  • 2 fillos/as -> 32€/ano
  • 3 fillos/as -> 42€/ano

Formulario de inscrición

Podes encontrar copias do formulario para realizar a inscrición no local da ANPA ou utilizar a versión online seguindo este enlace: formulario de alta e renovación

(3 de setembro) Xa está activo de novo o formulario de alta e renovación.

Advertisement