A falta dun par de semana para que comecen as actividades extraescolares queremos informarvos dunha novidade que, cremos, poderá ser de gran axuda para toda a comunidade educativa.
Seguramente teñades pola casa material deportivo do que vos queredes desfacer, kimonos que quedaron pequenos, patíns que xa non se usan, proteccións que quedaron ocupando sitio nun armario… E moi probablemente, haxa outras familias que precisan dese mesmo material.
Por ese motivo, desde a ANPA, queremos servir de ponte para poder darlle a ese material unha segunda vida.
As actividades que aparecen ao final desta entrada son as que, a día de hoxe, xa teñen suficientes inscricións como para saír seguro. As que non aparecen non quere dicir que non vaian saír, xa que, aínda queda toda esta semana, ata o venres 23 a medianoite, para que a xente que non o fixo xa, poida inscribirse.
BULIDE QUE AS PRAZAS VOAN!
Como alguns xa sabedes, dun xeito un pouco fortuíto, chegou ata nós a oferta dunha actividade de maxia no centro e tivo unha moi boa acollida na xornada de portas abertas. Lamentamos non ter avisado con antelación porque sabemos que organizar os cadrantes de actividades en ocasións é complicado, pero se funciona ben outro ano a incluiremos no calendario inicial.
Os grupos posibles de maxia son luns ou martes de 17 a 18h (a escoller un), no centro escolar, e o prezo son 19€/mes 1 día/semana. A inscrición está aberta a todo o alumnado de 5ºEI en diante.
Por outro lado, e como finalmente teatro pola Federación de ANPAs non vai sair pero nos consta que hai un interese nela, contactamos con Jose Leis que xa fora profesor de teatro no centro hai uns anos e funcionaba moi ben. Neste caso a actividade ofértase tamén martes de 17 a 18h no centro para todo o alumnado de primaria e o custo serían 16€/mes 1 día/semana, pero dependendo do número de persoas anotadas pode ser menos.
INSCRICIÓNS E PRAZOS
Agardamos que as novidades sexan do voso agrado e lembramos que tendes para anotarvos nas actividades a través do formulario https://forms.gle/LWHfvn71nVgT4LAz9 ata este venres 23 ás 00h da noite, non vos despistedes! Xa podedes escoller a snovas actividades nel.
En canto ás actividades da Federación seguirán aceptando inscricións en lista de espera a través do seu formulario https://app.fedapascoruna.org/inscripcioncurso/2022hoxe día 20 e mañá 21, por se se dera pechado algún dos grupos pendentes.
Ao longo da próxima semana confirmaremos como queda o calendario definitivo, polo de agora podemos confirmar que xa se forma grupo nas seguintes actividades:
Baile moderno (infantil)
Manualidades (1º – 2º – 3º de primaria)
Patinaxe (4º – 5º – 6º primaria)
Fútbol (ata 2ºEP incluído)
Xadrez avanzado (mércores) (posibilidade de incluír ás persoas inscritas en iniciación).
Baile e pandeireta (ata 2ºEP incluído):grupo completo, se entran inscricións agora irán á lista de agarda
Música: grupo completo, se entran inscricións agora irán á lista de agarda
Xa están os formularios de actividades activos. Toda a info na sección de INSCRICIÓNS
Ademáis o luns 19 ás 17.30h no patio do cole levarase a cabo unha xornada de portas abertas onde poderedes coñecer un pouco máis das actividades, tendes a información máis abaixo.
CÓXEGAS: finalmente non se fai grupo de primaria por non acadarse o número mínimo de inscritos (10). O grupo de infantil seguirá funcionando con normalidade.
O cadro de actividades incorpora un cambio novo, a actividade de música, destinada a alumnado ata 2ºEP incluído pasa do mércores ás 16h aos martes ás 16h, por imposibilidade de horario da persoa que a imparte. Lamentamos os inconvintes que esto poda causarvos mais agardamos que podades seguir disfrutando dela.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS: O próximo luns 19 de setembro ás 17.30h levarase a cabo no patio do centro unha pequena xornada de portas abertas, onde os monitores e monitoras nos explicarán un pouco en qué consiste a actividade e os nenos e nenas poderán probar se é o caso. As actividades que estarán presentes serán as seguintes:
Inglés, robótica, xadrez, baile e pandeireta, duatlón, fútbol, taekwondo, judo
Este ano como novidade deixaremos un prazo extra para seleccionar de novo actividades en caso de que algunha das elexidas non salga finalmente.
* Patinaxe, Baile moderno, Contacontos, Teatro e Manualidades: o formulario para inscribirse nas actividades da Federación é o seguinte: https://app.fedapascoruna.org/inscripcioncurso/2022. Estará activo do 12 ao 18 de setembro así q non vos despistedes!
* Natación: a inscrición pódese facer na Casa da auga desde o pasado día 8, indicando que é un alumno/a do CEIP de Prácticas
* Judo: a preinscrición será a través do email do monitor: javi@edukajudo.com ou por WhatsApp 649199107, indicando días correspondientes e que son alumnos/as do CEIP de Prácticas
* Duatlón: incripcións mediante o seguinte correo electrónico escuela@clubherculestermaria.es o por WhatApp 644428827, indicando os datos do/a neno/a: nome, apelidos, data de nacemento e un email de contacto.
NOTA: Lembrade que é necesario estar dado de alta como socio/a da ANPA, ao igual que para uso de comedor/madrugadores.
INFANTIL
PRIMARIA
ACTIVIDADES E PREZOS
Teatro, baile moderno, manualidades, contacontos e patinaxe: ofertadas pola Federación de ANPAS.
Expresión Plástica e Manualidades (infantil e primaria) –> no propio centro
Teatro (primaria) –> no propio centro
Animación á lectura e contacontos (infantil) –> no propio centro
Patinaxe no pavillón do Agra II (infantil e priamria) –> necesario recoller e levar aos nenos e nenas
O grupo mínimo serán 10 e a partir de 19, desdóblase para proporcionar un mellor servizo.
Prezo: 3 pagos trimestrais 15€ (oct-dec), 15€ (xan.- marzo), 10€ (abril-maio). Aparte abonarase unha cota única de 4€ en concepto de seguro de accidentes que dará cobertura para todos os programas xestionados pola Federación de Anpas.
Cambiamos a empresa proveedora de esta actividade xa que pensamos que o que ofertan pode ser moi interesante para as nenas e nenos do centro. M8factorial especialízase en programación e cultura maker para mentes inquietas, e pode q alguns de vos xa o coñezades polos obradorios do Muncyt.
Cunha amplia experiencia no mundo da música tradicional, achegan a pandeireta e o baile ata o noso cole. Debido ao éxito do pasado curso, este ano ofertarase desdoble desde comenzos, cun grupo para os máis pequechos e outro para maiores.
Un clásico xa no centro, un ano máis temos inglés con English Club en dous grupos mantendo horarios.
Dado que soe ter unha alta demanda, ábrese a posibilidade de manter un novo grupo de inglés mini martes e xoves de 17 a 18h, sempre q se xunten un mínimo de 8 escolares.
Tentarase xuntar por niveis ao alumnado que asista, recomendando martes para aqueles que estean comenzando e xoves para os que xa saiban xogar un pouco mellor. De todos xeitos de estares interesados e ter problemas cos horarios poñédevos en contacto e vemos como facemos.
Ainda q o ano pasado non chegou sair, este ano ofrecemos de novo a actividade de Duatlón no patio cuberto do centro, cun prezo máis axustado e un horario máis convinte. Agardamos q vos animedes
Posibilidade de asistir unha clase de proba sen custo
Prezo: 20€/mes, 1 día á semana
NOVIDADE: BANCO DE EQUIPAMENTO
Como novidade a partir do próximo curso poremos en marcha un banco de kimonos para judo/taekwondo e patines e proteccións para patinaxe. Se o teu neno ou nena quere probar, consulta se temos material dispoñible. Asímesmo todos os q teñades este tipo de material e xa non o vaiades usar, poñédevos en contacto connosco para donalo ao fondo se o desexades e que poda servir aos seguintes.
PROGRAMACÓXEGAS
Como os anos anteriores, as actividades extraescolares non darán comezo ata o mes de outubro, polo que a Federación de ANPAs oferta para setembro o programa de conciliación Cóxegas.
Prazo de inscrición: 31 de agosto a 4 de setembro (incluído) Web para a inscrición en www.fedapascoruna.org/inscripciones (formulario) Cota: 15€ por participante (exentos os beneficiarios de beca comedor) Seguro de accidente: 4€ a pagar por tódolos usuarios, becados ou non. Horario: Do 8 ao 30 de setembro, de luns a venres, das 16:00 as 18:00 h. (posibilidade de saída ás 17 horas) Grupos: Educación Infantil (4º, 5º e 6º curso) Educación Primaria (1º ao 6º curso) NOTA: Para poder levar a cabo o programa requírese un mínimo de 10 participantes por grupo.
Un ano máis o concello ven de ofertar o programa de natación escolar para 2º ciclo de EP, é dicir, alumnado de 3º e 4º de primaria. Hai 10 prazas. Deixámosvos toda a información a continuación.
O custo por alumno é de 53,47€ todo o curso. Esta cota inclue o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria. O curso comeza o luns 3 de outubro.
INSCRICIÓNS
O prazo de inscrición para os escolares comeza o 12 de setembro e remata o 23 de setembro.
A inscrición e pago poderase realizar por orden de chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta nas oficinas da cidade deportiva de Riazor. Será necesario pedir cita previa no seguinte enlace: https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3
Na seguinte ligazón podedes descargar o impreso que deberedes entregar:
Desde o próximo mércores 10 de agosto e ata o 30 habilítase o prazo para inscribir ao alumnado no servizo de comedor do centro, así como no de madrugadores. Fora desde prazo, poderase incribir/modificar/dar de baixa ata o día 26 de cada mes para que entre en vigor a partir do día 1 do mes seguinte.
GRANDES NOVEDADES DESTE CURSO 22/23
Este curso contamos con 2 novos servizos que sabemos que a algunhas familias lles pode interesar, estes servizos son:
No caso de altas/baixas/modificacións por causas sobrevidas e xustificadas, para inscripcións fora de prazo, debes falar con persoas da directiva da ANPA e estudiaremos o teu caso.
Para as novas matriculacións que están tendo lugar nestes días, na ANPA preparámosvos unha pequena folla coa info máis relevante e os datos de contacto. Benvidas/os ao cole!
O servizo de comedor está suxeito a ter formalizado a alta durante o mes anterior, o que implica que aquelas familias que precisedes este servizo desde o primerio día, teredes que matriculalos a través da web de Jardanay durante o mes de agosto. En canto teñamos o folleto actualizado para o curso que ven e os novos datos de acceso publicaremos a tarvés deste mesmo blog.
Tamén podes ir botando un ollo ao calendario provisional de actividades extraescolaes na seguinte ligazón:
NOTA IMPORTANTE: as familias usuarias de comedor que non vaian seguir nalgunha das actividades que siguen en xuño (taekwondo, música e inglés) teñen que avisar á responsable de comedor para que o teña en conta e os entregue á saída.
—- —- —- —- —- —- —- —-
Este martes 31 rematan as actividades ofertadas pola Federación de ANPAS (patinaxe, multideporte e baile moderno) e a partir do 1 de xuño da comezo o programa Cóxegas. con respecto ao resto de actividades:
Judo, Xadrez, Robótica e Baile e Pandeireta tamén rematan este mes
No caso de Taekwondo, Inglés e Música, as actividades seguirán en xuño ata o último día de curso.
Natación Termaria seguirá ata o xoves 23 de xuño.
EXHIBICIÓNS:
Patinaxe e Taekwondo: venres 27 de maio de 16h a 17h no pavillón do Agra II
Pandeireta: martes 31 ás 16.30h no cole
Natación escolar: o luns 30 terá lugar a xornada de portas abertas no pavillón de Riazor
NOTA: Actualizaremos en canto teñamos máis información
O Concello vén de publicar a información sobre os campamentos municipais! Como todos os anos, hai distintas ofertas que se xestionan desde esta páxina web.
ATENCIÓN: as ofertas para Forum e Ágora, Campacoles e Summer Talk, Aquarium Finisterrae e Escola de verán da OMIC comezan hoxe, 23.05.
Aberta a preinscrición para os Campacoles da Federación de ANPAS nos vindeiros días 23, 24 e 25 de maio na seguinte ligazón! As quendas serán do 27 de xuño ao 29 de xullo. Aquí tedes a info sobre os prezos, centros, modalidades e horarios.
Seguiremos atentas para informarvos dos outros campamentos que aínda están por chegar!
IMPORTANTE: desde a Federación confírmannos que acadouse o mínimo de inscritos necesarios e haberá programa Cóxegas entre o 1 e o 22 de xuño no centro, de 16 a 18h. En breve poranse en contacto coas familias inscritas.
Un ano máis a Federación de ANPAS oferta, coincidindo co fin das actividades que desenvolven, un programa de conciliación en horario de extraescolares desde o día 1 ao 22 de xuño de 16 a 17h. O prazo de inscrición remata o próximo luns 9 de maio e para anotarse faise aqui na propia páxina da federación:
O custo do programa é de 15€, aos que hai que añadir 4€ en concepto de seguro se o alumno ou alumna non participaba en ningunha das actividades deportivas ofertadas por eles. Bulide anotarvos!
importante: o programa levarase a cabo sempre que haxa un grupo mínimo de 10