Banco de material deportivo e artístico

Seguramente teñades pola casa material deportivo do que vos queredes desfacer, kimonos que quedaron pequenos, patíns que xa non se usan, proteccións que quedaron ocupando sitio nun armario… E moi probablemente, haxa outras familias que precisan dese mesmo material.

Por ese motivo, desde a ANPA, queremos servir de ponte para poder darlle a ese material unha segunda vida.

O funcionamento do Banco de material é o seguinte:

1º.- Cubrir o formulario para solicitar/ofrecer os materiales que se precisen ou se queran doar (Deberase enviar un formulario cuberto por cada obxecto)

2º.- Gardar o material na casa. (O local da ANPA nin ten sitio nin está acondicionado para almacenar nada nel)

3º.- Cando unha solicitude e unha oferta coincidan, a ANPA facilitará o número do ofertante ao solicitante para que, entre vós, fagades o inercambio.

IMPORTANTE:

– Non pode mediar intercambio de cartos, este banco é gratuito e solidario.

– O material deberá estar en bo estado e condicións para a práctica deportiva ou artística.

– Cando cubres o formulario autorizas á ANPA facilitar o teu número de teléfono á persoa solicitante só para o fin do Banco de Materiais.

Así que, se estás en algún destes casos, podes informar do material que queres doar ou que precisas cubrindo o seguinte formulario https://forms.gle/p14Qd9e11tKe7obM7

Polo de agora contamos no banco con:

  • Kimonos de Judo (Judogui) para 3-4, 4-5, 5-6 e 6-7 anos
  • Kimono taekwondo talla 4-6 anos (120cm)
  • Cintos de judo: brancos, branco-amarelo e amarelos
  • Patins talla 29, 32 e 34
  • Proteccións patinaxe