Intelixencia Emocional

Descrición

Obradoido de intelixencia emocional.

Dende a Anpa levamos tres cursos ofrecendo unha actividade de Intelixencia Emocional para nais e pais da man da psicóloga Isabel Fernández, con experiencia en traballo con nenos e nenas, adolescentes e familias. Nas sesións celebradas transmitiu información privilexiada para manexar mellor as nosas emocións e entendernos cos fillos e fillas.

A Intelixencia Emocional e clave no desenvolvemento e éxito persoal e profesional, pois en todo momento nos estamos a relacionar con alguén.

En esta época de cambios, tanto pais, nais e profesores temos por diante un reto, no que toca actualizarse para poder acompañar do mellor xeito posible a fill@s, alumn@s. Propóñovos quedar cada 15 días na aula de música do colexio para compartir valiosa información que nos anime e axude a mellorar como persoas, e aumentar o grao de satisfacción do noso día a día. Solo así seremos modelos que nenos e nenas desexen imitar.

Destinatarios/as

Nais e pais.

Quen organiza

Actividade organizada pola Anpa xunto coa psicóloga Isabel Fernández,

Horario

Mércores alternos de 16.15 a 17.30 desde o 14 de novembro.

Lugar

No noso cole, na aula de música.

Custo

10€/ sesión

Inscrición

Non precisa inscrición. Podes pasarte polo local da Anpa para solicitar información ou presentarte directamente un mércores no horario do obradoiro.

[[Actualizado 08/11/2018]]