Novo curso, nova normalidade

A piques de comezar un novo curso que ainda non temos ben claro cómo vai ser, desde a ANPA estamos intentando adaptarnos para ofrecervos o máximo de servizo posible dentro do permitido. Lembrade que para facervos socios/as tendes o seguinte formulario a vosa disposición, o que evitará ter que facelo presencialmente:

Formulario renovación / alta ANPA

A nosa idea é seguir ofrecendo servizo de comedor e madrugadores pero con algunha restricción extra, mais polo de agora estamos á espera de que a universidade nos ceda o espazo do comedor xa que este ano estannos a por certas trabas que agardamos solventar. En principio haberá dúas quendas de comedor pero ainda están adaptando o protocolo ás novas medidas publicadas pola Xunta este luns. Para anotalos a comedor tendes que acceder a esta web http://jardanay.es/ e pinchar no apartado “área clientes” para seleccionar “CEIP PRÁCTICAS” e introducir as siguientes claves: Usuario: practicas / Contrasinal: comedores2020

Sen embargo, no tema das actividades extraescolares non temos tan boas novas. Despois da publicación da última normativa da Xunta a Federación de Anpas trasladounos a imposibilidade de seguir ofertándoas como ata agora, xa que as restriccións impostas por seguridade non o permiten. Da mesma maneira, desde a ANPA valoramos todas as opcions para manter o servizo pero finalmente non imos ofertar ningunha, polo menos neste primeiro trimestre, xa que desde o propio centro non se ten claro que sexa viable. Agardaremos ver cómo se desenvolve o comenzo de curso, os temas de uso de espazos, limpeza e demáis, e de ser posible en xaneiro intentaremos ofertalas de novo.

Desde a ANPA tamén queremos por o noso graniño de area na adaptación aos novos protocolos, polo que imos repartir entre o alumnado unha bolsiña de tea que cumple cos requisitos para levar gardada a máscara cando non a teñan posta. Serán todas iguais polo que teredes que marcalas cun adhesivo ou similar para evitar perdas e confusións.

En canto ao contacto connosco, primaremos o contacto telemático, ben sexa a través do noso correo como do noso teléfono. En caso de precisar vernos persoalmente farase con cita previa. Lembramosvos os datos de contacto:

anpa.practicas.corunha@gmail.com

Tlf: 634 53 44 43

Estas entrada foi publicada en Curso 2020/2021 coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to Novo curso, nova normalidade

  1. Mónica Fernández Méndez di:

    Este año NO ofertan actividades extraescolares.

    El jue., 3 sept. 2020 a las 11:30, ANPA CEIP de Prácticas A Coruña () escribió:

    > apepinha posted: ” A piques de comezar un novo curso que ainda non temos > ben claro cómo vai ser, desde a ANPA estamos intentando adaptarnos para > ofrecervos o máximo de servizo posible dentro do permitido. A nosa idea é > seguir ofrecendo servizo de comedor e madrugadores per” >

    Gústame

  2. apepinha di:

    Polo de agora non, desde o centro trasladáronnos que mellor agardar ver como arranca o curso antes de poder usar as instalacións pola tarde, e a Federación de ANPAS que normalmente ofrecía deporte no centro e POE están ainda vendo se é posible adaptalas ao novo protocolo da Xunta que sacaron a 1 semana de empezar o curso… En canto podamos ofrecer algo colgaremos toda a información!

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s