Case no límite pero finalmente alegrámonos de confirmar que nos ceden o comedor un ano máis para ofrecer o servizo, que estará funcionando desde mañá mesmo. Este ano ven marcado polo novo protocolo que tivo que adoptar Jardanay para respetar distancias e grupos tal e como esixe a Xunta. A continuación deixámosvos o díptico coa información deste curso.
Servizo de madrugadores
Prestarase no horario de 8 a 9h. Ás 8,45 pecharase o acceso dos nenos e nenas a madrugadores, que terá lugar no ximnasio do centro.
A saída do servizo realizarase en tres tandas:
- Ás 08:50h, achegarase o alumnado de 4º a 6º de Primaria ao patio cuberto onde se colocaran na súa fila.
- Ás 09:05h achegarase o alumnado de 1º a 3º de Primaria ao patio cuberto onde se colocaran na súa fila.
- Ás 09:20h achegarase o alumnado de Infantil ao patio cuberto e colocaranse na súa fila.
Servizo de comedor
Inicialmente establecense dúas quendas no servizo de comedor:
- Primeira quenda: 13:30h a 14:30h. Asistirá o alumnado de Educación Infantil. Ás 13:45h entrará no comedor 1ºA e 2º de Primaria; ás 13:55h entrará 1ºB.
- Segunda quenda: 14:45h a 15.30h. Asistirá o alumnado de 3º a 6º de Primaria.
O comedor será limpado e desinfectado entre ambas as quendas, realizando tamén unha ventilación de 15 minutos. Establécese un único horario de saída de 15.45 a 16h desde o patio cuberto.
Nota: Mentres dure esta situación excepcional non haberá lavado de dentes tras a comida, así que non fai falla mandar cepillo e pasta.
Jardanay en casa
A maiores, e derivado da situación actual, Jardanay puxo en marcha un novo servizo de comida para levar para as familias que desexen apuntarse. Consta de un primeiro e un segundo, en barquetas termoselladas, un boliño de pan e un postre. Sírvese nunha bolsa que se lle entrega ao neno ou nena no momento da saída.
Podedes descargar na seguinte ligazón o protocolo completo achegado por Jardanay, onde se detallan todas as medidas de seguridade implementadas: