Propostas para o noso barrio nos orzamentos participativos

O día 30 de maio da comezo a fase de apoios ás propostas para os orzamentos participativos e se queremos que saian… hai que participar!.

Tal e como vos comentamos noutra entrada do blog, desde a Anpa queremos promover as actuacións en material de seguridade viaria na contorna do cole polo que vos animamos a apoiar as seguintes propostas do programa de orzamentos participativos do concello. Pasos de peóns máis seguros? zonas con velocidade limitada a 20 kms/h?… Se todos damos o noso apoio seguro que conseguimos un barrio máis seguro.

Propostas xeolocalizadas na contorna próxima ao CEIP de Prácticas

Estas son algunas das propostas que nos parecen proveitosas para a comunidade educativa do noso centro e animámosvos a dar o voso apoio través da web.

  • Pacificación do tráfico entorno Ceip de Prácticas e IES Salvador de Madariaga (ver proposta)
  • Medidas de redución da velocidade do tráfico na Avenida de Gran Canaria (ver proposta)
  • Solucionar la baja visibilidad de un cruce en la calle Manuel Murguía (ver proposta)
  • Redución de velocidade en paso de peóns da avenida Gran Canaria/Rúa Colombia (ver proposta)
  • Ampliacion do parque en Paseo de Ronda (ver proposta)

Hai máis propostas interesantes para o noso distrito, así que animámoste a que as consultes e lle deas o teu apoio ás que consideres que melloran o barrio e os arredores do noso colexio. Por suposto, podes comentarllo á familia, aos veciños, veciñas, ás túas amizades, … É importante conseguir moitos apoios para que unha iniciativa saia adiante.

 

 

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

1 Responses to Propostas para o noso barrio nos orzamentos participativos

  1. Naty di:

    Este barrio necesita q o tráfico sexa Mais humanizado.

    Gústame

Deixar un comentario