Orzamentos participativos 2018

Este ano o Concello volve a abrir un novo proceso de orzamentos participativos no que os veciños e veciñas da cidade decidiremos onde investir ata un total de 3 millóns de euros. Parte desa cantidade, en concreto 200.000€ irán destinados ao noso distrito.

Desde a Anpa consideramos que é unha boa ocasión para reclamar investimentos que sexan positivos para a nosa escola e arredores, polo que vos animamos a presentar propostas a esta convocatoria e tentaremos darlles visibilidade desde a asociación.

Xa que estamos a traballar na posta en marcha dos #CamiñosEscolaresSeguros pensamos que propostas que vaian na liña da mellora da seguridade nos arredores do colexio serían moi boa idea, por exemplo: elevar pasos de peóns, instalación de medidas redutoras de velocidade etc. No ano pasado a maior parte do orzamento do noso distrito investiuse na plantación de árbores.

Animámosvos a facer as vosas propostas e difundilas entre a nosa comunidade educativa.

Se queres saber que é iso dos orzamentos participativos nesta páxina explícano moi ben. Para participar tes que rexistrarte, tanto se queres facer unha proposta como para apoiar as propostas doutras persoas.

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

1 Response to Orzamentos participativos 2018

  1. Pingback: Propostas para o noso barrio nos orzamentos participativos | ANPA CEIP de Prácticas A Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s