Campacoles para o verán 2018

Os Campacoles son unha actividade de conciliación da vida familiar e laboral que consisten nunha serie de campamentos destinados ao alumnado de infantil e primaria, que se realizan en quendas dunha semana de duración durante a última semana de xuño e as primeiras de xullo.

A pesar de que este ano tentamos realizalo no noso colexio finalmente non puidemos facelo, mais conseguimos facelo no veciño colexio de San Pedro de Visma, onde os nosos nenos e nenas terán a mesma prioridade que o alumnado do dito centro. Polo tanto: O noso centro de referencia será o CEIP San Pedro de Visma. (Ver en mapa).

Cando?

Hai diferentes campamentos ou quendas e pódense escoller tantas como se queiran:

  • MULLERES.GAL, do 25 ao 29 de xuño
  • NON ME TIRES!, do 2 ao 6 de xullo
  • ASÍ XOGABA…ASÍ ASÍ, do 9 ao 13 de xullo
  • CONTANDO…CONTOS, do 16 ao 20 de xullo

Horario

  • Campamento: de 10:00 a 14:00 h
  • Madrugadores: a partir das 8:30 h
  • Comedor. dende ás 14:00 ata ás 15:30 h

Cota

  • Campamento: 15 €/quenda
  • Madrugadores: 5 €/quenda
  • Almorzo: 5€/quenda
  • Comedor: 20 €/quenda

Estarán exentos da cota de Campacole (15€) os nenos/as que xustifiquen ser beneficiarios da bolsa comedor para o curso 2017/18.

Inscrición

O días: 4, 5 e 6 de xuño, no local da Anpa do CEIP San Pedro de Visma, en horario de 9:00 a 9:30 e de 16:00 a 16:30 h. Ollo! a inscrición NON se fai no noso cole.

De todos xeitos podes pasar polo noso local para recoller os folletos de inscrición ou descargar o folleto directamente desde aquí.

Outros campamentos

Nunha entrada do blog pasada xa falamos de alternativas para final de curso e parte do verán mais hoxe aproveitamos para informarvos de que o club Basquet Coruña tamén nos ofrece un desconto nos seus campamentos como se foramos un centro adscrito. Os campamentos de Basket Coruña teñen unha duración de dúas semanas e realízanse no edificio da NORMAL.

Podedes consultar toda a información dos campamentos de baloncesto na súa web: Campus Basquet Coruña Milenium 2018. A inscrición finaliza o día 22 de xuño.

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s