Axuda e fondo solidario para libros escolares

A semana pasada publicáronse as axudas para compra de libros e material escolar, así como o fondo solidario de libros de texto. Trátase dunha única convocatoria que inclúe diferentes tipos de axuda. Nesta entrada tentaremos aclarar algunhas dúbidas comúns, centrándonos nos cursos que temos no noso cole.

Podemos distinguir tres liñas de axudas:

  • Axudas para material escolar
  • Axudas para adquirir libros de texto
  • Fondo solidario de libros de texto; é requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar, ter devolto os libros dos cursos anteriores.
Axudas Destinatarios/as
Axudas para material escolar EP e EE
Axudas para compra de libros de texto 1º e 2º de EP, EE e outros
Fondo solidario de libros de texto 3º, 4º, 5º e 6º de EP

Como solicitar as axudas

Hai varias maneira de presentar as axudas, e por primeira vez é posible facelo de xeito telemático, principalmente:

  • Aplicación informática en-liña Fondolibros (recomendado). É necesario presentar unha solicitude por cada neno ou nena.
  • Sede electrónica da Xunta
  • Presencialmente, no propio centro (CEIP de Prácticas). Preséntase unha única solicitude por familia, en horario de secretaría.

Prazos

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o próximo día 22 de xuño.

Máis información

Para ter información máis exacta sobre a axuda diríxete á web oficial da Xunta (nesta web explican moi ben todo) ou directamente á páxina coa documentación da convocatoria. Tamén podes preguntar no noso centro, en horario de secretaría.

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s