Un ano máis o concello ven de ofertar o programa de natación escolar para 2º ciclo de EP, é dicir, alumnado de 3º e 4º de primaria. Hai 10 prazas. Deixámosvos toda a información a continuación.

O custo por alumno é de 53,47€ todo o curso. Esta cota inclue o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria. O curso comeza o luns 3 de outubro.
INSCRICIÓNS
O prazo de inscrición para os escolares comeza o 12 de setembro e remata o 23 de setembro.
A inscrición e pago poderase realizar por orden de chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta nas oficinas da cidade deportiva de Riazor. Será necesario pedir cita previa no seguinte enlace:
https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3
Na seguinte ligazón podedes descargar o impreso que deberedes entregar:
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS
