Actividades extraescolares 2022/23 e programa Cóxegas

ACTUALIZACIÓN (12/09/2022)

Xa están os formularios de actividades activos. Toda a info na sección de INSCRICIÓNS

Ademáis o luns 19 ás 17.30h no patio do cole levarase a cabo unha xornada de portas abertas onde poderedes coñecer un pouco máis das actividades, tendes a información máis abaixo.

CÓXEGAS: finalmente non se fai grupo de primaria por non acadarse o número mínimo de inscritos (10). O grupo de infantil seguirá funcionando con normalidade.

A maiores ofértase Natación escolar para 3º e 4º de EP, a través do Concello. O prazo para inscribirse abriu hoxe 12 de setembro. Tendes toda a información na seguinte ligazón: https://anpapracticas.wordpress.com/2022/09/09/programa-natacion-escolar/

O cadro de actividades incorpora un cambio novo, a actividade de música, destinada a alumnado ata 2ºEP incluído pasa do mércores ás 16h aos martes ás 16h, por imposibilidade de horario da persoa que a imparte. Lamentamos os inconvintes que esto poda causarvos mais agardamos que podades seguir disfrutando dela.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: O próximo luns 19 de setembro ás 17.30h levarase a cabo no patio do centro unha pequena xornada de portas abertas, onde os monitores e monitoras nos explicarán un pouco en qué consiste a actividade e os nenos e nenas poderán probar se é o caso. As actividades que estarán presentes serán as seguintes:

Inglés, robótica, xadrez, baile e pandeireta, duatlón, fútbol, taekwondo, judo

Este ano como novidade deixaremos un prazo extra para seleccionar de novo actividades en caso de que algunha das elexidas non salga finalmente.

INSCRICIÓNS

Xa podedes inscriviros a través deste formulario ata o próximo venres 23 de setembro: https://forms.gle/LWHfvn71nVgT4LAz9

Patinaxe, Baile moderno, Contacontos, Teatro e Manualidades: o formulario para inscribirse nas actividades da Federación é o seguinte: https://app.fedapascoruna.org/inscripcioncurso/2022. Estará activo do 12 ao 18 de setembro así q non vos despistedes!

Natación: a inscrición pódese facer na Casa da auga desde o pasado día 8, indicando que é un alumno/a do CEIP de Prácticas

Judo: a preinscrición será a través do email do monitor: javi@edukajudo.com ou por WhatsApp 649199107, indicando días correspondientes e que son alumnos/as do CEIP de Prácticas

Duatlón: incripcións mediante o seguinte correo electrónico escuela@clubherculestermaria.es o por WhatApp 644428827, indicando os datos do/a neno/a: nome, apelidos, data de nacemento e un email de contacto.

NOTA: Lembrade que é necesario estar dado de alta como socio/a da ANPA, ao igual que para uso de comedor/madrugadores.

INFANTIL

PRIMARIA

ACTIVIDADES E PREZOS

Teatro, baile moderno, manualidades, contacontos e patinaxe: ofertadas pola Federación de ANPAS.

  • Expresión Plástica e Manualidades (infantil e primaria) –> no propio centro
  • Teatro (primaria) –> no propio centro
  • Animación á lectura e contacontos (infantil) –> no propio centro
  • Patinaxe no pavillón do Agra II (infantil e priamria) –> necesario recoller e levar aos nenos e nenas

O grupo mínimo serán 10 e a partir de 19, desdóblase para proporcionar un mellor servizo.

Prezo: 3 pagos trimestrais 15€ (oct-dec), 15€ (xan.- marzo), 10€ (abril-maio). Aparte abonarase unha cota única de 4€ en concepto de seguro de accidentes que dará cobertura para todos os programas xestionados pola Federación de Anpas.

Robótica: m8factorial

Cambiamos a empresa proveedora de esta actividade xa que pensamos que o que ofertan pode ser moi interesante para as nenas e nenos do centro. M8factorial especialízase en programación e cultura maker para mentes inquietas, e pode q alguns de vos xa o coñezades polos obradorios do Muncyt.

Prezo: 35€/mes, 1 día á semana

Música: Irene Cerqueiro

Unha aposta que foi gañando adeptos co trascurso do curso, Irene achega a música e os instrumentos aos máis pequenos da casa.

Prezo: 15€/mes, 1 día á semana

Baile e pandeireta: A.C. Donaire

Cunha amplia experiencia no mundo da música tradicional, achegan a pandeireta e o baile ata o noso cole. Debido ao éxito do pasado curso, este ano ofertarase desdoble desde comenzos, cun grupo para os máis pequechos e outro para maiores.

Prezo: 12€/mes, 1 día á semana

Fútbol: SD Ciudad Jardín

Unha novidade este próximo curso é que teremos fútbol no patio cuberto para os máis pequenos, ou aqueles que ainda non queren acudir a un clube.

Prezo: 15€/mes, 2 días á semana

Ingles: EnglishClub

Un clásico xa no centro, un ano máis temos inglés con English Club en dous grupos mantendo horarios.

Dado que soe ter unha alta demanda, ábrese a posibilidade de manter un novo grupo de inglés mini martes e xoves de 17 a 18h, sempre q se xunten un mínimo de 8 escolares.

Prezo: 1 día/semana: 10.5€, 2 días/semana 20.5€

Xadrez: Escola Universitaria de Xadrez de INCUDE 

Tentarase xuntar por niveis ao alumnado que asista, recomendando martes para aqueles que estean comenzando e xoves para os que xa saiban xogar un pouco mellor. De todos xeitos de estares interesados e ter problemas cos horarios poñédevos en contacto e vemos como facemos.

Prezo: 12€/mes + 15€/matrícula

Taekwondo: Ximnasio Garrapucho

Outro dos grandes éxitos no centro, un ano máis seguiremos ofertando Taekwondo con Óscar, conservando horarios con respecto ao ano pasado.

Prezo: 15€/mes 1 día/semana, 25€/mes 2días/semana (Tarifa actualizada)

Judo:  EdukaJudo

Cunha amplia traxectoria no mundo do judo, un ano máis teremos esta actividade na Casa del Agua

Prezo: 1 día/semana: 24€/mes, 2 días/semana: 29€/mes + cota federación

Natación: Termaria

Como cada ano, en Termaria contaremos cuns grupos reservados para nós e un prezo especial. O horario mantense o mesmo de sempre e o pago é trimestral.

Prezo: 71,31€/trimestre para non socios, 25% para socios sport de termaria e 50% socios FAN

Duatlón: Club Hércules Termaria

Ainda q o ano pasado non chegou sair, este ano ofrecemos de novo a actividade de Duatlón no patio cuberto do centro, cun prezo máis axustado e un horario máis convinte. Agardamos q vos animedes

Posibilidade de asistir unha clase de proba sen custo

Prezo: 20€/mes, 1 día á semana

NOVIDADE: BANCO DE EQUIPAMENTO

Como novidade a partir do próximo curso poremos en marcha un banco de kimonos para judo/taekwondo e patines e proteccións para patinaxe. Se o teu neno ou nena quere probar, consulta se temos material dispoñible. Asímesmo todos os q teñades este tipo de material e xa non o vaiades usar, poñédevos en contacto connosco para donalo ao fondo se o desexades e que poda servir aos seguintes.

PROGRAMA CÓXEGAS

Como os anos anteriores, as actividades extraescolares non darán comezo ata o mes de outubro, polo que a Federación de ANPAs oferta para setembro o programa de conciliación Cóxegas.

Prazo de inscrición: 31 de agosto a 4 de setembro (incluído)
Web para a inscrición en www.fedapascoruna.org/inscripciones (formulario)
Cota: 15€ por participante (exentos os beneficiarios de beca comedor)
Seguro de accidente: 4€ a pagar por tódolos usuarios, becados ou non.
Horario: Do 8 ao 30 de setembro, de luns a venres, das 16:00 as 18:00 h. (posibilidade de saída ás 17 horas)
Grupos: Educación Infantil (4º, 5º e 6º curso)
Educación Primaria (1º ao 6º curso)
NOTA: Para poder levar a cabo o programa requírese un mínimo de 10 participantes por grupo.

Estas entrada foi publicada en actividades, Curso 2022/23 coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s