Visitante 6.000.000!

Bo día familias,

Onte , Luns 7 de Febreiro de 2022, o alumnado de 6º de Infantil do noso cole tivo a honra de se converter no visitante número 6 millóns do Aquarium Finisterrae. Ante tal acontecemento, foron recibidos polo director dos Museos Científicos Coruñeses e pola Alcaldesa de cidade.

Unha mañá chea de emocións na que aprenderon un pouco máis sobre o mundo mariño, coñeceron as especies que habitan no Atlántico, viron como se alimentan as focas e buscaron ao tiburón Gastón por toda a sala Nautilus.

Como o visitante 6.000.000 só se acada unha vez na vida, a totalidade do alumnado trouxo para casa un pequeno agasallo, un boneco de Gastón para recordar a súa visita á Casa dos peixes.

Deixámosvos a continuación algunhas ligazóns á nova da que se fixeron eco moitos medios de comunicació da contorna así como o propio Concello da Coruña.

Un saúdo!

Photo Credit: Carlos Pardellas. (La Opinión)

https://www.laopinioncoruna.es/fotos/a-coruna-metro/2022/02/08/aquarium-coruna-alcanza-6-millones-62437330.html#foto=5

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2022/02/07/seis-millones-23-anos-aquarium-coruna/00031644251085954638353.htm

https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/actualidad/el-aquarium-finisterrae-de-a-coruna-recibe-a-su-visitante-numero-seis-millones-desde-1999

https://www.elidealgallego.com/articulo/a-coruna/aquarium-finisterrae-acoge-visitante-numero-seis-millones-3433321

https://www.coruna.gal/web/es/actualidad/noticias/noticia/o-aquarium-finisterrae-recibe-ao-seu-visitante-numero-6-millons/suceso/1453788199327

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s