CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COMEDOR PARA O CURSO 2022/23

Xa se publicaron as bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2022/23!

O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 31 de marzo, ambos incluídos.

A información e a documentación da convocatoria está dispoñible na sede electrónica e na web de servizos sociais do Concello.

A solicitude e a documentación a achegar, poderán presentarse, previa cita, (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

NOTA: Nesta convocatoria non será necesario achegar o certificado de escolaridade se autoriza coa sinatura á consulta na solicitude e non se opón expresamente a súa consulta.

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas…) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s