Tag Archives: actividades

TABOA DE EXTRAESCOLARES 2018/2019

Xa temos arrancadas as actividades extraescolares!! Aquí vos deixamos a táboa das actividades tal e como están neste momento de arranque.Non foi tarefa sinxela, sentímolo polas que caeron por falta de numero mínimo, e informamos que en outras para poder … Seguir lendo

Publicado en 2018-2019 | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Actividades extraescolares 2018-2019

Neste primeiro mes de setembro está a funcionar o servizo Cóxegas para axudar á conciliación das familias mais a partir do 1 de outubro xa comezarán a funcionar outras actividades, tanto as ofrecidas pola federación de anpas en convenio co … Seguir lendo

Publicado en 2018-2019 | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

Visita guiada á contorna da Torre de Hércules

O próximo venres 15 de xuño acordamos co Concello unha visita guiada á contorna da Torre de Hércules, un lugar que busca a declaración de espazo natural de interese local. Poderemos observar os paxaros, coñecer a flora que podemos atopar … Seguir lendo

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

Fin de curso 2017-18 nas actividades extraescolares

Comunicámosvos as datas de finalización das actividades escolares para este curso 2017-2018, así como a información das exhibicións, representacións ou sesións de portas abertas. Actividade Data fin Presentación con familias Outros Baile Moderno Baile Mini Patinaxe Semana 28-31/05 Data:01/06/2018Hora: 16:00 … Seguir lendo

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , , , , , , | Deixar un comentario

Crónica da visita ao Monte de San Pedro

O pasado venres puidemos realizar a visita ao monte de San Pedro, cancelada o pasado 23 de marzo debido ao mal tempo. Xuntámonos unhas cantas familias cos nosos peques e demos un paseo polo parque acompañadas do guía Pedro. Tivemos … Seguir lendo

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , , , , , | Deixar un comentario

Visita guiada ao monte de San Pedro

O vindeiro venres 23 de marzo ás 17h temos concertada co concello unha visita guiada ao monte de San Pedro, dentro do programa de educación ambiental “Sae do niño. Achégate á natureza“. Trátase dunha actividade gratuíta destinada a familias mais … Seguir lendo

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , , , , , | 1 comentario

Charla de alimentación e concurso de receitas

O pasado martes tivemos a primeira das actividades financiadas co programa Ao meu Xeito, unha charla sobre almorzos e merendas saudables a cargo da dietista-nutricionista María Pérez Muñoz. María deunos algúns consellos para mellorar a nosa alimentación, así como a … Seguir lendo

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , , , , , , , | 1 comentario

Actividades para tod@s co programa Ao Meu Xeito!

A principios de mes o Concello puxo en marcha un novo programa educativo: Ao meu xeito!, co cal quere favorecer a participación e o autogoberno dos centros educativos públicos da cidade. Cada centro dispuxemos duns 2.000€ para organizar actividades educativas … Seguir lendo

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , , , , , | 2 Comentarios

Charla sobre almorzos e merendas saudables

O próximo martes 21 de novembro temos unha cita no noso cole con María Pérez Muñoz (dietista-nutricionista) que nos falará da importancia da nutrición e nos dará unha serie de consellos sobre como facer uns almorzos e merendas apetitosos e … Seguir lendo

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , , , , , | 1 comentario

Obradoiro de decoración de cabazas do Samaín

Achégase a data do Samaín e desde a Anpa queremos propoñervos unha actividade para pasar a tarde en familia: un obradoiro de decoración de cabazas. Todos os anos pídennos que levemos unha cabaza decorada ao cole para celebrar este día … Seguir lendo

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , , , | Deixar un comentario