Demostracións fin de curso

A próxima semana rematan moitas das actividades extraescolares ofertadas no centro (inglés, fútbol e duatlón seguen en xuño, así como natación da Casa da Auga) e da comezo o programa Cóxegas. A continuación deixámosvos un resumo das demostracións que se levarán a cabo en cada actividade ao longo da semana que ven:

Maxia: luns 29 de maio ás 17.30h, na propia aula

Natación escolar (só 3º e 4º EP, en Riazor): luns 29 de maio en horario da actividade na piscina de Riazor. Será o último día da actividade, xa que non segue en xuño.

Natación Termaria: xoves 15 de xuño en horario da actividade

Robótica: luns 5 de xuño ás 16.30h (*)

Baile e pandeireta: martes 30 de maio ás 16.35h no ximnasio

Patinaxe + Taekwondo: Mércores 31 de maio no pavillón do Agra II (**). Taekwondo sí continuará durante o mes de xuño, ata o final do curso escolar.

Teatro: martes 30 de maio, ás 17.30h

(*) A demostración de Robótica será de portas abertas, de maneira que se hai familias interesadas en coñecer un pouco en qué consiste a actividade de cara ao curso que ven e qué fixeron ao longo do curso poden achegarse o luns 5.

(**) Tamén é aberta ao público xeral. Baile moderno non fará demostración este ano.

Advertisement
Estas entrada foi publicada en actividades, Curso 2022/23, Sin categoría coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s