Boa tarde de Domingo,
Esta semana recibimos de mans de Rexenerando (a Sociedade Cooperativa coa que fixemos o obradoiro de acompañamento ás Sexualidades na Infancia) a Guía elaborada como resultado das sesións coas familias e có alumnado.
Unha guía chea de información, consellos e recomendacións para acompañar ás nosxs fillxs no seu desenvolvemento e autodescubrimento.

As familias asistentes ao obradoiro, así como as do alumnado de 4°, 5° e 6° de EP, recibirán a guía en formato físico, mais como consideramos que é algo que pode resultar de interese para toda a comunidade educativa, deixámosvos aquí a versión dixital para que a consultedes cando gostedes.
Un saúdo!