Este curso levouse a cabo unha renovación parcial das mesas e sillas de comedor, sustituíndo as vellas por unhas novas con bancos incorporados que se suben fácilmente para limpar e onde caben máis nenos e nenas e máis cómodamente. Para afrontar este gasto utilizouse a bolsa da Xunta para axudas de comedor, destinada a este tipo de melloras e que no pasado repartiuse entre as familias usuarias ao non ter inversións pendentes. Co sobrante (moi pouco) vanse mercar algúns materiais para o tempo de lecer de comedor (algúns xogos etc)
A día de hoxe conservanse 3 filas das mesas antigas somentes e a idea é utilizar parte da subvención o próximo curso para comprar as dúas mesas que faltarían. Deixámosvos unhas fotos para que vexades o chulo que quedou!





