ACTUALIZACIÓN: Ante a previsión de auga o mércores 26, e debido a que os espazos cubertos do centro están ocupados con actividades, o obradoiro de cabazas dará comenzo ás 17h. Sen embargo, empezaremos adentar as castañas xa ás 16.15h, así que as nais e pais que podades vir antes animadevos e traede un coitelo 🌰
Este mércores 26 de outubro ás 16.15h faremos no patio do cole as cabazas para o magosto. Lembrade traer unha cabaza e o material q precisedes para decorala e logo compartiremos ideas e decoración! Se ides poñerlle vela traédea xa baleira da casa e coa veliña preparada, xa que ao rematar poderemos deixalas xa no centro.
Este ano ademais teremos actividade para os pais e nais, adentado das castañas para a festa do venres. Temos 40kg e precisamos cortalas, así que traede un coitelo e enerxías para colaborar e asegurar que a festa dos nenos e nenas sexa un éxito!
