Roteiro sendeirismo

Bo día, familias!

Recuperadas desta longa finde?

Continuando coa promoción de hábitos saudables, desde a ANPA, propoñémosvos a realización dun roteiro de sendeirismo, sinxelo, curtiño (4,5 km) e moi preto da casa: O Rego das Xesteiras en Celas de Peiro (Culleredo).

O próximo mércores, 12 de Outubro, algunhas familias, temos pensado xuntarnos para pasar un ratiño xuntas e desfrutar da natureza, así que, se gostades, estades todas convidadas.

A idea é vérmonos na Torre de Celas, ás 11:00 da mañá, e desde alí facer este fermoso percorrido á beira do río. Ao finalizar, as familias que queiran, comeremos no parque da Torre de Celas.

Así que, se estades interesadas…

PUNTO DE ENCONTRO: Torre de Celas (Celas de Peiro)

HORA: 11:00

QUÉ LEVAR? : Roupa e calzado cómodo + Auga + Algo para xantar (quen queira quedar).

Non é necesaria inscrición, con estar no punto de encontro á hora indicada é suficiente.

Un saúdo e vémonos no Monte!

* A ANPA non organiza a actividade, de xurdir algún problema, cada familia farase responsable dos seus membros.

Advertisement
Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s