NOVIDADE! Banco de material deportivo!

Boa noite, familias,

A falta dun par de semana para que comecen as actividades extraescolares queremos informarvos dunha novidade que, cremos, poderá ser de gran axuda para toda a comunidade educativa.

Seguramente teñades pola casa material deportivo do que vos queredes desfacer, kimonos que quedaron pequenos, patíns que xa non se usan, proteccións que quedaron ocupando sitio nun armario… E moi probablemente, haxa outras familias que precisan dese mesmo material.

Por ese motivo, desde a ANPA, queremos servir de ponte para poder darlle a ese material unha segunda vida.

Así que, se estás en algún destes casos, podes informar do material que queres doar ou que precisas cubrindo o seguinte formulario https://docs.google.com/forms/d/1SLX45fv61D7CU5NCuJdOOBDZrlzU7k7lZes1aliyt5E/edit

Agardamos que esta iniciativa sexa de utilidade para tod@s.

Un saúdo!

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s