Novidades nas actividades: maxia e teatro

Actualización!

As actividades que aparecen ao final desta entrada son as que, a día de hoxe, xa teñen suficientes inscricións como para saír seguro. As que non aparecen non quere dicir que non vaian saír, xa que, aínda queda toda esta semana, ata o venres 23 a medianoite, para que a xente que non o fixo xa, poida inscribirse.

BULIDE QUE AS PRAZAS VOAN!

Como alguns xa sabedes, dun xeito un pouco fortuíto, chegou ata nós a oferta dunha actividade de maxia no centro e tivo unha moi boa acollida na xornada de portas abertas. Lamentamos non ter avisado con antelación porque sabemos que organizar os cadrantes de actividades en ocasións é complicado, pero se funciona ben outro ano a incluiremos no calendario inicial.

Os grupos posibles de maxia son luns ou martes de 17 a 18h (a escoller un), no centro escolar, e o prezo son 19€/mes 1 día/semana. A inscrición está aberta a todo o alumnado de 5ºEI en diante.

Por outro lado, e como finalmente teatro pola Federación de ANPAs non vai sair pero nos consta que hai un interese nela, contactamos con Jose Leis que xa fora profesor de teatro no centro hai uns anos e funcionaba moi ben. Neste caso a actividade ofértase tamén martes de 17 a 18h no centro para todo o alumnado de primaria e o custo serían 16€/mes 1 día/semana, pero dependendo do número de persoas anotadas pode ser menos.

INSCRICIÓNS E PRAZOS

Agardamos que as novidades sexan do voso agrado e lembramos que tendes para anotarvos nas actividades a través do formulario https://forms.gle/LWHfvn71nVgT4LAz9 ata este venres 23 ás 00h da noite, non vos despistedes! Xa podedes escoller a snovas actividades nel.

En canto ás actividades da Federación seguirán aceptando inscricións en lista de espera a través do seu formulario https://app.fedapascoruna.org/inscripcioncurso/2022 hoxe día 20 e mañá 21, por se se dera pechado algún dos grupos pendentes.

Ao longo da próxima semana confirmaremos como queda o calendario definitivo, polo de agora podemos confirmar que xa se forma grupo nas seguintes actividades:

  • Baile moderno (infantil)
  • Manualidades (1º – 2º – 3º de primaria)
  • Patinaxe (4º – 5º – 6º primaria)
  • Fútbol (ata 2ºEP incluído)
  • Xadrez avanzado (mércores) (posibilidade de incluír ás persoas inscritas en iniciación).
  • Baile e pandeireta (ata 2ºEP incluído):grupo completo, se entran inscricións agora irán á lista de agarda
  • Música: grupo completo, se entran inscricións agora irán á lista de agarda
  • Robótica (pendente de dividir grupos)
  • Taekwondo (ata 2ºEP incluído)
Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s