Boas novas! xa temos unha previsión do calendario de actividades de cara ao curso que ven, para que podades organizarvos con tempo. Está suxeito a modificacións por tema de grupos que non saen ao non xuntar o mínimo, desdobles etc pero en esencia será o que vos amosamos a continuación.
Ao longo do mes de setembro poremos a vosa disposición o formulario para levar a cabo as inscricións e tentaremos organizar tamén unha xornada de portas abertas no centro para que poidades coñecer as actividades de primeira man.
INFANTIL

PRIMARIA

ACTIVIDADES E PREZOS
Teatro, manualidades, contacontos e patinaxe: ofertadas pola Federación de ANPAS
- Expresión Plástica e Manualidades (infantil e primaria) –> no propio centro
- Teatro (primaria) –> no propio centro
- Animación á lectura e contacontos (infantil) –> no propio centro
- Patinaxe no pavillón do Agra II (infantil e priamria) –> necesario recoller e levar aos nenos e nenas
O grupo mínimo serán 10 e a partir de 19, desdóblase para proporcionar un mellor servizo.
Prezo: gratis para becados beca comedor, 3 pagos trimestrais para o resto: 15€ (oct-dec), 15€ (xan.- marzo), 10€ (abril-maio)
Robótica: m8factorial
Cambiamos a empresa proveedora de esta actividade xa que pensamos que o que ofertan pode ser moi interesante para as nenas e nenos do centro. M8factorial especialízase en programación e cultura maker para mentes inquietas, e pode q alguns de vos xa o coñezades polos obradorios do Muncyt.
Prezo: 35€/mes, 1 día á semana
Música: Irene Cerqueiro
Unha aposta que foi gañando adeptos co trascurso do curso, Irene achega a música e os instrumentos aos máis pequenos da casa.
Prezo: 15€/mes, 1 día á semana
Baile e pandeireta: A.C. Donaire
Cunha amplia experiencia no mundo da música tradicional, achegan a pandeireta e o baile ata o noso cole. Debido ao éxito do pasado curso, este ano ofertarase desdoble desde comenzos, cun grupo para os máis pequechos e outro para maiores.
Prezo: 12€/mes, 1 día á semana
Fútbol: SD Ciudad Jardín
Unha novidade este próximo curso é que teremos fútbol no patio cuberto para os máis pequenos, ou aqueles que ainda non queren acudir a un clube.
Prezo: 15€/mes, 2 días á semana
Ingles: EnglishClub
Un clásico xa no centro, un ano máis temos inglés con English Club en dous grupos mantendo horarios.
Prezo: 1 día/semana: 10.5€, 2 días/semana 20.5€
Xadrez: Escola Universitaria de Xadrez de INCUDE
Tentarase xuntar por niveis ao alumnado que asista, recomendando martes para aqueles que estean comenzando e xoves para os que xa saiban xogar un pouco mellor. De todos xeitos de estares interesados e ter problemas cos horarios poñédevos en contacto e vemos como facemos.
Prezo: 12€/mes + 15€/matrícula
Taekwondo: Ximnasio Garrapucho
Outro dos grandes éxitos no centro, un ano máis seguiremos ofertando Taekwondo con Óscar, conservando horarios con respecto ao ano pasado.
Prezo: 10€/mes 1 día/semana, 20€/mes 2días/semana
Judo: EdukaJudo
Cunha amplia traxectoria no mundo do judo, un ano máis teremos esta actividade na Casa del Agua
Prezo: 1 día/semana: 23€/mes, 2 días/semana: 28€/mes + cota federación
Natación: Termaria
Como cada ano, en Termaria contaremos cuns grupos reservados para nós e un prezo especial. O horario mantense o mesmo de sempre e o pago é trimestral.
Prezo: 71,31€/trimestre para non socios, 25% para socios sport de termaria e 50% socios FAN
Duatlón: Club Hércules Termaria
Ainda q o ano pasado non chegou sair, este ano ofrecemos de novo a actividade de Duatlón no aptio cuberto do centro, cun prezo máis axustado e un horario máis convinte. Agardamos q vos animedes
Posibilidade de asistir unha clase de proba sen custo
Prezo: 20€/mes, 1 día á semana
NOTA: Os prezos tamén son orientativos e poden sufrir lixeiras modificacións que iremos actualizando.
NOVIDADE: BANCO DE EQUIPAMENTO
Como novidade a partir do próximo curso poremos en marcha un banco de kimonos para judo/taekwondo e patines e proteccións para patinaxe. Se o teu neno ou nena quere probar, consulta se temos material dispoñible. Asímesmo todos os q teñades este tipo de material e xa non o vaiades usar, poñédevos en contacto connosco para donalo ao fondo se o desexades e que poda servir aos seguintes.