25N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Un ano máis, hoxe 25N celébrase o Día pola erradicación da Violencia contra as Mulleres.

Atopámonos nunha etapa de regresión en canto percepción da Violencia de Xénero, e os estudos realizados ao respecto mostran unha realidade pouco alentadora. Un de cada cinco adolescentes varóns cre que a violencia de xénero non existe e que só é un “invento ideolóxico”, segundo recolle o Barómetro Juventud y Género 2021, realizado polo Centro Reina Sofía sobre Adolescencia y Juventud da Fundación de Ayuda contra la Drogadicción (FAD). Esta cifra, destaca o documento, supón o doble da procentaxe recollida no mesmo estudo en 2017.

Cremos importante lembrar que, ainda que toda violencia é rexeitable, a violencia de xénero fai referencia exclusivamente á violencia exercida contra as mulleres a causa do machismo e a desigualdade de xénero, e polo tanto nunca pode chamárselle así aos casos de violencia contra homes, tal e como se indica na lei galega:

“Enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico..”

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2007/20070807/Anuncio2D48A_gl.html

Tendo en conta o mencionado anteriormente, parécenos especialmente importante, ademáis da labor de concienciación, trasmitirlle ás nenas e nenos desde idades temperás, esta idea de igualdade baseada no respecto e a non violencia, e a necesidade de loitar contra o machismo que temos anclado na nosa sociedade e no noso día a día sen decatarnos.

Deixámosvos de novo a escolma de libros que fixeramos en 2017 con este motivo por se queredes aproveitar para disfrutar da súa lectura en familia:

Escolma libros para fomentar a igualdade

E un temazo de Rozalén que seguro que moitos e moitas xa saben, La Puerta Violeta

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s