Visita ao Planetario!

AVISO: CAMBIO DE DATA!

Debido á celebración da semana da ciencia, a visita ao planetario prevista para este venres 19 adíase ao próximo venres 26 de novembro. Se ainda non vos apuntáchedes, podedes anotarvos no formulario tendo en conta esta nova data ata o martes 23 (as inscricións anteriores mantéñense!), e se alguén non pode asistir e xa se apuntara por favor facédenolo saber enviando un mail. Grazas e desculpade o inconvinte!

— — — — — — — — — — — — — — — — — — — —

Bo venres, familias!

Dende a Anpa queremos retomar pouco a pouco a proposta de actividades fóra da escola.

Aproveitando que en Educación Infantil están a desenvolve un proxecto sobre o Universo e que os Museos Científicos volven abrir as súas portas, queremos propoñervos unha visita en familia á Casa das Ciencias con Sesión de Planetario incluída.

CANDO? Venres 26/11/2021 ás 17:00 horas

PARA QUEN? De 5º de EI a 6º de EP. (O alumnado de 4º EI non poderá participar da actividade xa que, lamentablemente, o Planetario non permite o acceso a menores de 4 anos).

CANTO CUSTA? A actividade, ao sermos un Centro Escolar do municipio da Coruña, é de balde tanto para alumado como para as persoas acompañantes.

PUNTO DE ENCONTRO? Na propia porta da Casa das Ciencias un pouco antes da hora da visita.

INSCRIPCIÓN: Ate o Martes 23/11/2021 ás 23:55 no seguinte formulario

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScraqR1RsNe3zwE7_HylcsSiEzEsjRZrrXaPPvvUcXbcdKstg/viewform

Por motivos de aforo é importante anotarvos o máis pronto posible para non quedar sen praza.

Animádevos!

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s