Chegou o magosto!

OBRADOIRO CABAZAS NO PATIO DO COLE: martes 26 desde as 16.30

Como xa sabedes este venres celebrarase unha pequena festa de magosto/samaín no cole, e a partir de hoxe luns xa se poden levar cabazas decoradas para expoñer no centro. Como se xa fixera no pasado, queremos convidaros a unha pequena xuntanza para crear as nosas cabazas mañá martes 26 no patio cuberto do centro, entre as 16.30 e 18h. Deberedes traer a vosa cabaza así como material para baleirala ou decorala, se ben ao facelo xuntos compartiremos ideas e algún adorno 🙂 Despois xa podemos deixalas no centro para o día seguinte.

PASARRÚAS E MAGOSTO NO BARRIO: venres 29 desde as 18.30

O venres 29 pola mañá será a festa no cole para o alumnado, onde haberá unha chocolatada (sen glute) e castañas (lembrade mandarlles cacharriño ou cucurucho!) e pola tarde teremos máis festa para todos nas pistas de Labañou, detrás do centro de saúde, da man da AVV Francisco Otero (Labañou), a partir das 19h, con máis castañas de balde e música en vivo. E con este motivo imos levar a cabo un pequeno pasarrúas en colaboración AVV-ANPA que partirá da porta do cole ás 18.30h animado pola Asociación Cultural Donaire. A idea é percorrer Avda. Gran Canaria ata chegar ao lugar da festa, cos disfraces e cabazas con velas quen queira, anunciando a festa á veciñanza. Agardámosvos!

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s