Actividades MUNCYT

Bo día familias!

Estamos xa a piques de comezar a fin de semana e sempre nos gusta propoñer actividades para facer en familia, e nesta ocasión moi preto da casa.

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) organiza mañá, 16 de Outubro, ás 12:00 da mañán, un obradoiro de robótica en familia para nenas e nenos entre 6 e 12 anos.

Alén diso, e como celebración da NOITE INTERNACIONAL DA OBSERVACIÓN Á LÚA, teñen organizada unha charla ás 19:30 titulada “SALVEMOS LA NOCHE” na que se afondará no problema da contaminación lumínica. Ao finalizar a charla, pola volta das 20:30, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío levará a cabo unha observación da Lúa no entorno do Museo, para fomentar a observación e apreciación do noso satélite.

Convidámosvos a consultar as condicións de reserva e as demáis actividades e obradoiros na súa web http://www.muncyt.es/

Deixámosvos tamén a axenda de actividades do mes de Outubro para que lle botedes unha ollada.

Un saúdo e boa finde!

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s