Calendario final extraescolares 2021/22

ATENCIÓN!

A raíz da imposibilidade para formar grupo os venres en Taekwondo nos horarios establecidos, decidimos invertir as horas, de forma que quedará como os mércores. Deste xeito:

Ata 2ºEP incluído, venres de 16h a 17h

Desde 2ºEP en diante, de 17h a 18h

Avisade por mail se queredes apuntar/desapuntar a algún neno ou nena. O cadro queda asímesmo actualizado acorde a estes cambios.

—– —– —– —– —– —– —– —–

Queridas familias,

Lamentamos comunicarvos que finalmente, debido a non xuntar o número mínimo de inscritos, non sairán os seguintes grupos:

  • Baile moderno EP, Duatlón, Multideporte infantil (xogos motores), Multideporte (4º-6ºEP) e Patinaxe infantil (prepatinaxe)

Pola contra, ampliouse un grupo de Xadrez debido á alta demanda, creando un segundo grupo os martes no mesmo horario.

En todas elas é posible anotarse unha vez comezado, sempre e cando haxa prazas libres. No caso das actividades ofertadas directamente por nós no centro (inglés, taekwondo, música, baile a pandeireta, xadrez e robótica) o formulario está pechado e deberedes mandar un email para novas inscripcións.

No caso das actividades de Deporte no Centro, ofertadas pola Federación de Anpas (patinaxe, multideporte e baile) ainda q o formulario estea pechado pódense inscribir a través do correo electrónico inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org ou nos teléfonos 649 055 939 e 698 158 503 en horario de 10 a 14h e de 15 a 18h.

No caso de Duatlón, non se formou ningún dos grupos. Sen embargo desde o clube informan que os nenos e nenas que non coñezan a actividade poderán ir nas primeiras dúas semanas de outubro probar. De estar interesados/as hai que poñerse en contacto coa monitora a través do mail  escuelas@clubherculestermaria.es ou whatsapp 644 42 88 27.

Actualizamos polo tanto o calendario final co que daremos comezo o próximo venres 1 de outubro:

ED. INFANTIL

ED. PRIMARIA

(*) No caso de Multideporte, polo de agora só saiu o grupo de 1º a 3º de EP, habendo 5 persoas inscritas no grupo de 4º a 6º EP. De anotarse 3 persoas máis nese grupo os próximos días podería comenzar tamén. De non ser así, existe unha posibilidade de que se podan incorporar ao grupo xa existente pero ainda non sabemos cando podería ser nin as condicións exactas. Manteremosvos informados.

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s