Asemblea xeral anual

Queridas familias: o vindeiro martes 5 de outubro, ás 16:10 en primeira convocatoria e ás 16:20 en segunda, celebraremos no patio cuberto do colexio a asemblea xeral anual da nosa ANPA. Podes traer as cativas/os contigo. Tratamos a seguinte orde do día:

  • Renovación de cargos na xunta directiva
  • Contas do exercicio 2020/21
  • Presentación da ANPA
  • Breve descrición de actividades, festas e iniciativas
  • Rogos e preguntas

A ANPA é a asociación de nais e pais do alumnado do teu centro. Representa os teus intereses, serve de cauce para que participes na vida escolar e te manteñas informada/o. Como sabes, é unha entidade aberta, sen ánimo de lucro e de participación voluntaria.

Entre outros, ten o labor primordial de fomentar a conciliación familiar das súas asociadas/os. Con esta finalidade, asume a xestión de servizos tan fundamentais para ti coma o comedor, o programa de madrugadores ou a planificación anual das actividades extraescolares.

Intermedia e representa ás nais e pais no diálogo co centro, no Consello Escolar e na Federación de ANPAS da provincia da Coruña, da que formamos parte. Responde ante calquera conflito que puidera xurdir. Aporta información frecuente e de utilidade.

En última instancia, a ANPA fomenta a actividade asociativa e asemblearia na vida extraescolar do teu colexio e, en consecuencia, a mellora socioeducativa da túa comunidade. Interesante para a educación da túa filla/o, non?

Agora que xa sabes o importante que é para ti, queres seguir coidando ben dela?

Entón lembra…

  • Permanece ao corrente do pagamento anual como asociada/o.
  • Facilita o traballo voluntario da xunta directiva, seguindo as súas recomendacións.
  • Consulta con frecuencia as nosas canles de comunicación (blog e Facebook).
  • Asiste ás asembleas. Participa. Opina.

A túa ANPA coida de ti! Coida a túa ANPA. Vémonos na asemblea!

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s