Actividades extraescolares curso 2021/2022

ACTUALIZACIONS:

  • Añadimos a cota da actividade de música para alumnado ata 2ºEP incluído, 15€/mes. A actividade correrá ao cargo de Irene Cerqueiro
  • Xa está habilitado o enlace para anotarse nas actividades de Deporte no Centro

O pasado curso como xa sabedes tivemos que recortar as actividades extraescolares ofertadas debido á pandemia e mantivemos tan só aquelas que se realizaban no exterior do centro, mais este ano imos tentar xa manter unha oferta máis extensa que poda permitir unha aceptable conciliación ás familias.

Nos próximos días iremos ampliando información mais xa dispoñemos do cadro aproximado para este curso. Lembrade que a realización de todas as actividades está suxeita a que se forme o grupo mínimo necesario. Todas as actividades darán comenzo no mes de outubro.

Lembrade tamén que, ao igual que para ser usuarias dos servizos de comedor e madrugadores, deberedes facervos socias da ANPA usando a seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdsxfSxRz_UzAjvXQ9mi5aWxC-2L66H5boOlIfquUJiRRbcTg/viewform e abonar a cota correspondente.

As inscricións das actividades ofertadas pola Federación de ANPAS a través do programa Deporte no Centro (patinaxe, baile moderno e multideporte) faranse a través desta ligazón, escollendo o noso centro no desplegable, e o pago faise mediante domiciliación bancaria http://app.fedapascoruna.org/inscripcioncurso/2021 . Toda a información a tendes nesa web. NOTA: Multideporte de infantil chámase “Xogos motores”

No caso de Judo, a inscrición será a través do email do monitor: javi@edukajudo.com ou por WhatsApp 649199107, indicando días correspondientes e que son alumnos/as do Ceip de Prácticas.

Para Duatlon, incripcións e consultas mediante o seguinte correo electrónico escuelas@clubherculestermaria.es o por WhatApp 644428827.

No caso de natación farase directamente en Termaria, indicando que é un alumno/a do Ceip de Prácticas.

Para o resto de actividades a inscrición farase a través da seguinte ligazón e os pagos faranse directamente ao/á monitor/a da actividade: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfo-klJV5gRWHFzvScGIyjvUmT_bMwm0njjSPrDouTVGY2Yhw/viewform

INFANTIL

PRIMARIA

NOTA: No caso de Multideporte e Baile Moderno, formaranse 2 grupos en función da xente apuntada, cortando en 3ºEP aproximadamente, e valorarase a necesidade de desdoblar dependendo do número final de anotados.

COTAS

Actividades Deporte no Centro (Federación ANPAS): multideporte, patinaxe, baile moderno

15€/trimestre, 10€ no último e rematan en maio. Aparte abonarase 4€ do seguro de accidentes (1 única vez)

En patinaxe cobranse a maiores 20€ anuais para aluguer do pavillón

Inglés (EnglishClub) 1 día/semana: 10.5€, 2 días/semana 20.5€

Judo (EdukaJudo) 1 día/semana: 23€/mes, 2 días/semana: 28€/mes + cota federación

Robótica (Tech-academy) 24€/mes

Baile e Pandeireta (A.C. Donaire): 11€/mes

Xadrez (Escola Universitaria de Xadrez de INCUDE) 12€/mes + 15€/matrícula

Taekwondo (Ximnasio Garrapucho) 1 día/semana: 10€ mes, 2 días: 20€/mes

Natación Termaria: 68,50€/ trimestre para non socios, 25% para socios sport de termaria e 50% socios FAN

Duatlón (Club Hércules Termaria) 29,71€/mes

Música (Irene Cerqueiro)15€/mes

( * ) Natación Riazor: Estamos á espera da información desde o servizo municipal de deportes, xa que polo de agora non é seguro que haxa este curso, polo tanto desaparece do cadrante.

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s