Comezo de Servizo de Comedor 2021/22

Este ano retomamos o servizo de comedor co inicio de curso e como recordatorio para as numerosas preguntas que nos estades a facer sobre detalles de este servizo colgamos este artigo no blog.

Por temas de protocolo COVID mantemos algunhas normas que o ano pasado se tiveron que adoptar:

  • Comida en 2 quendas:
    • 1ª Quenda: Infantil, 1º e 2ºA de Primaria. Horario de 13:45 a 14:30
    • 2ª Quenda: 2ºB, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Horario de 14:45 a 15:30
  • Horario de saída será de 15:45 a 16:00. Os nenos estarán esperando en filas no patio o seu turno de saída.
  • Os becados de comedor este ano deben facer uso do servizo de comedor no centro por condicions establecidas polo concello, xa non existe a posibilidade de “comida para á casa”. O resto de usuarios si poden ter este tipo de servizo, pero non é becado.

Respecto de como darse de alta, baixa, modificacións, etc. tendes toda a información neste blog no menú>> Servizos/Comedor.

Recordade que todas as modificacions a día de hoxe se fan mes a mes, e para calquera comunicación debedes sempre enviar formulario antes do 26 do mes anterior. A partir de mañá día 10/09/21 o formulario de Jardanay voltará a estar aberto.

Xa temos dispoñible o menú do 1º trimestre:

Menú-primeiro-trimestre.pdf

Agradecemos que difundades esta información e recomendamos que vos suscribades a este blog deixando o voso enderezo electrónico en “Estás a seguir este blog”

Para calquera dúbida por favor enviade email a anpa.practicas.corunha@gmail.com

Feliz comezo de curso!!

Saudos, ANPA

Esta entrada foi publicada en comedor. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s