Estimadas familias:
Nos últimos anos un grupo de nais e pais vimos encargándonos das tarefas da ANPA o mellor que podemos e sabemos. Se ben en xeral equilibramonos bastante ben e disfrutamos moito do labor, o paso do tempo foi mudando as nosas situacións persoais e agora non dispoñemos da adicación que pensamos que merece o cargo e sentimos que precisamos un relevo.
Chegados a este momento, desde a ANPA convidámosvos ás familias a asistir o próximo luns 26 de abril ás 16.15h a unha xuntanza presencial no patio do centro. O único punto do día será intentar formar un grupiño mínimo co que poder asegurar o funcionamento da ANPA de cara ao vindeiro curso. Non é nada complicado e tampoco esixe unha gran adicación, pero sí certo grado de compromiso e ilusión por facer cousas no beneficio da comunidade.
Agardamos que vos podades achegar ese día para falar un anaco, será breve e ao aire libre e resolveremos todas as dúbidas que podades ter sobre o funcionamento da asociación e as súas necesidades. Lembrade que, aparte de poder realizar actividades formativas e lúdicas para o alumnado e as familias, a ANPA tamén é un pilar fundamental na conciliacion familiar e da súa existencia dependen os servizos de madrugadores e comedor así como gran parte das actividades extraescolares.
Unha aperta