Prazas de comedor para o último trimestre do curso 20/21

Estimadas familias:

As circunstancias especiais deste curso están a ser todo un reto para todos, e as tarefas dun ANPA non están exentas tamén de certas dificultades.

Dende o primeiro día de este curso se fixeron numerosos esforzos para intentar manter a maior normalidade posible, porque viñamos de estar tras un confinamento e anulación das clases presenciais durante todo o ultimo trimestre do ano pasado.

Conseguir que se manteñan servizos que entendemos imprescindibles para a conciliación das familias como madrugadores e comedor foron un reto tanto para obter os permisos, como na organización do día a día por parte das monitoras do servizo.

Para poder ofertar extraescolares tamén se tivo que reaccionar día a día, reinventadonos e buscando alternativas viables e seguras.

E dentro deste ir e vir de normas, posibilidades, alternativas, trabas e inventos, temos nestes momentos unha limitación que ten que ver co tamaño do espazo de comedor… Que xa estiramos ao máximo dando o servizo en dous turnos durante este curso, pero que nestes momentos xa temos case completo.

E este é o motivo de este anuncio no blog, xa que debemos publicar que aínda que o cartel de completo non o vamos a poñer aínda, si vos debemos advertir que antes de contar co servizo debedes consultar se hai espazo para novos usuarios de comedor. Xa que dependemos de manter os grupos burbulla e cada grupo de clase debe manterse sentado nos mesmos postos todos os días para manter os protocolos, así que pode haber sitio nun grupo ou nun día da semana, pero en outros pode que non. Por exemplo este mes de Marzo para poder dar servizo a novas inscricións se tivo que mover a todo ó grupo de unha clase do turno das 14h para o turno das 14:45, todo grazas a que as familias de estes nenos e nenas aceptaron o cambio para poder axudar a outras familias.

E pode que con estes pequenos xestos das familias e co bo traballo das monitoras de comedor que buscan a mellor maneira de encaixar todas as pezas de grupos, horarios, distancias, … Se poda dar servizo a algunha familia máis. Pero, antes de que contedes con dispoñer de praza, so vos pedimos unha cousiña, que consultedes se hai posibilidade, a nos ou a coordinadora (Iria).

Un saúdo. ANPA

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s