O próximo sábado 17 de outubro realizaremos unha limpeza da praia de Riazor, no marco da xornada de limpeza simultánea de praias que organiza a Asociación Ecoloxista ADEGA. Trátase dunha actividade de educación medioambiental coa que os máis pequenos e nós mesmos comprobaremos a importancia de xerar menos residuos e desbotalos adecuadamente e reflexionaremos sobre o papel das persoas no coidado do noso entorno.
A actividade dará comenzo ás 10.30 na escalinata que baixa das Esclavas, onde faremos unha breve explicación e separaremonos en grupos de máximo 10 persoas, tal e como nos recomendan desde a asociación, para evitar contactos estreitos.
Agardamos que vos animedes e veñades disfrutar desta xornada no noso entorno natural máis próximo! Para calquera dúbida podedes contactar connosco a través do correo: anpa.practicas.corunha@gmail.com.
