Ainda que dentro do centro polo momento non está previsto ofrecer extrescolares si temos algunhas actividades nas que podedes apuntar ao alumnado.
PATINAXE NO PABELLÓN
Actividade ofertada pola Federación de ANPAS
Mantendo o horario de cursos pasados; mércores e venres de 16 a 17 horass
Prezo: 15€ cota + 4€ seguro de accidentes /participante
Para inscribirse só tendes que enchelo formulario do seguinte enlace
http://www.fedapascoruna.org/inscripciones/
Prazo de inscrición e comezo da actividade por determinar.
NATACIÓN TERMARIA
Recordamos a todas as familias que na actividade de natación segue aberto o prazo de inscripción;
Lugar; Termaria
Horario; xoves 16:30 a 17:15
Pago trimestral (consulta en termaria)
A actividade dará comezo o próximo xoves 1 de outubro.
ENGLISH CLUB “ON LINE”
Tras a boa experiencia dos grupos de inglés durante o confinamento, continuamos coa oferta de English Club “On line”.
Os horarios e niveis serán acordados segundo número de inscritos e preferencias das familias. Prezo de 2 sesións semanais de unha hora 12,5€. Xa hai un grupo e segue aberto prazo ata o 30 de setembro.
Para inscribirse contactar con Ramón Casas (Coordinador English Club) 675 551 754
Mais información no seguinte documento.
Recordamos que para poder inscribirse nas actividades deberán estar dados de alta como socia/o da ANPA.
Iremos informando de máis novidades.
Saúdos