Campamentos de verán 2020

Ante a melloría da situación provocada polo covid-19 e a necesidade das familias de conciliación durante o verán, estos días o concello oferta os seus campamentos urbanos en grupos reducidos, ainda que suxeito aos requerimentos de seguridade que estableza a Xunta. Así mesmo, a federación de anpas oferta os seus habituais campacoles, no caso do noso cole tocaríanos o centro San Pedro de Visma, pero este ano coa limitación de acreditar necesidade de conciliación por traballos presenciais. A continuación deixámosvos toda a información sobre ambos, agardamos que vos sexa de utilidade e que pronto podamos vernos de novo.

CON CILIA NO COLE – CAMPACOLES DA FEDERACIÓN DE ANPAS

A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, en cumprimento da lexislación dimanada do estado de alarma e co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, pretende levar a cabo unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A oferta terá unha estrutura semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que éste é o eixo principal desta proposta.

PREINSCRICIÓN: 27, 28 e 29 de maio. na seguinte ligazón: https://forms.gle/SYMy16a5GfSxJYtY9

Podedes descargar toda a información no seguinte enlace:

CAMPAMENTOS URBANOS VERÁN 2020 – CONCELLO DA CORUÑA

Banner campamentos de verano 2020

Despois deste período tan complexo e diferente por causa da alarma sanitaria polo coronavirus, este verán súmanse aos nosos campamentos do Ágora e o Forum Metropolitano a colaboración co Consorcio para a Promoción da Música, con músicas e músicos da OSG. 

Os grupos en colaboración coa OSG organizaranse endous tramos de idade: de 6 a 11 anos e de 12 a 17 anos.

Os grupos serán como máximo de 15 participantes(pendentes das instrucións que a Xunta de Galicia dite aorespecto).

A preinscripción farase a través da páxina web https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/axenda/axenda-eventos/evento/campamentos-urbanos-veran-2020/suceso/1453731056353, en caso de dúbidas poderase consultar telefonicamente chamando ao servizo telefónico 010 de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h.

Iniciarase o día 27 de maio a partir das 9:00 h e rematará o día 29 de maio ás 20:00 h.
• Todas as inscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas.
•Pódense solicitar todas as quendas que se desexen e débese facer por orde de preferencia.

Podedes descargar toda a información sobre quendas horarios e prezosna seguinte ligazón:

Estas entrada foi publicada en campamentos, curso 2019/2020 coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s