Repasando antes de fin de curso

Xa estamos na recta final de este “extraño” curso 2019-2020.

O colexio a partir de hoxe estará aberto, pero só para trámites administrativos e de limpeza, así que o contacto coa asociación seguirá sendo preferentemente por email, ou se fose necesario, por teléfono. Anímamosvos a que nos mandedes todas as vosas propostas, e dende a ANPA trasladaremos as vosas inquedanzas, propostas ou dudas, en especial en este curso onde o contacto do día a día se perdeu e precisamos de novas canles de comunicación.

Respecto dos asuntos propios da Anpa este ano vai ser moi diferente, e queremos compartir con vosoutros todo aquilo que nos sae deste repaso final.

En primeiro lugar o que queda pendente:

– A Festa de fin de curso, como xa poderedes imaxinar, este ano será anulada. Isto nos deixa algo apenados, porque era un dos eventos nos que máis disfrutamos todos xuntos. Pero temos a idea de que, “si se pode”, en setembro faremos unha de benvida… Pero si se pode, claro.

-Como outros anos recibimos as axudas de comedor que todos os anos repartimos proporcionalmente entre os usuarios deste servizo. Así que nos queda pendente preparar os vosos sobres, e en canto se poda, repartiremos estes cartiños, que imaxinamos que en algunha familia este ingreso a comezos do cole virá xenial.

-Moitos dos que participan en Patinaxe teñen os patíns no pabellón, pero este recinto estivo pechado e sen servizo. Estamos intentando averiguar cando estará aberto para pasar a buscalos, e vos avisaremos, seguramente polo grupo de whatsapp que xa existe para patinaxe.

-Temos outro tema, que comezamos a informar xusto antes do peche por Covid-19. No ano 2019 solicitamos unha subvención da Deputación de A Coruña para mercar libros para as bibliotecas do cole e outra para formar un Clube de Lectura. Durante o curso o centro foi asumindo a función da parte do clube de lectura e renunciaremos a esa parte, pero temos CENT100´S DE LIBROS!! esperando para encher os estantes da biblioteca, con novos títulos e outros renovados. Entrarán no servizo de préstamo de libros do cole, e os recoñeceredes por unha pegatina que indica como foron comprados.

Por outro lado temos algunha cousiña neste momento, para a que debemos estar alerta. Dado que os trámites administrativos de todo tipo están parados polo estado de alarma, as becas comedor aínda non saíron. Estaremos alerta, e en canto saian vos avisaremos. Xa que por falta de tempo imaxinamos que os prazos este ano poderían ser máis curtos.

Respecto de temas para o próximo curso, o que máis esperamos é volver a normalidade canto antes. Polo que o horario de Extraescolares e servizo de comedor para o curso 2020-2021 será o mesmo. As empresas e autónomos que tanto coidan do alumnado todas as tardes, para que as familias podamos conciliar e os nenos aprender e disfrutar, e que tanto están sufrindo en estes momentos co peche dos colexios, desexamos que podan remontar comezando un novo curso con “normalidade” canto antes, e por iso damos continuidade ao xa afianzado.

Os campamentos, pois non sabemos, pero se de aquí a finais de xuño aparecese algunha proposta, iremos informando.

Para estar informados de todo o que poda ir xurdindo recomedamosvos que pinchedes (a dereita) en “seguir este blog” e vos chegará un email cada vez que se publique algo.

Sen máis, esperamos que teñades saúde, maneira de levar esta situación o mellor posible, e desexando volver a vernos día a día como algo extraordinario e non tan ordinario como nos parecía.

Graciñas e un saúdo

Directiva da ANPA CEIP de Prácticas A Coruña

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s