Proxecto: CENT100´S DE LIBROS!!

Temos unha importante nova que xa hai moito que estábamos esperando poder contarvos!!

Acabamos de recibir na ANPA CENT100´S DE LIBROS!! que esperamos nas próximas semanas se podan incorporar ao inventario da biblioteca do centro.

Este material foi comprado pola ANPA coa axuda FO204/2019 da Deputación de A Coruña, dentro do programa de axudas de esta entidade para investimentos culturais.

Esta compra de libros está enmarcada nun proxecto maior de dinamización do uso das dúas bibliotecas do centro, a pequeniña do primeiro andar que se usa en infantil e a do último andar que usan en primaria.

Xa se están a facer actividades de “clubes de lectura” e como sempre seguen coa importante labor de implicar ao alumnado no uso e préstamo para a casa de libros que ofrecen, propios e das bibliotecas municipais.

Algúns xa saberedes que os libros propiedade do centro non son todos os que quixéramos, nin sempre son os máis actuais, ou en algúns casos ata están xa en mal estado.

Así que, para axudar a que estas ideas continúen funcionando e para darlles un novo pulo, dende a Asociación de Nais e Pais quixemos aportar frescura aos títulos que os nenos e nenas podan usar no horario de biblioteca e para o servizo de prestamo.

Entre os títulos destes novos libros atoparedes algúns xa clásicos que precisaban renovarse polo uso, outros que se adquiriron para darlle a biblioteca novos títulos que fomenten valores de integración, igualdade e solidaridade.

Tamén se buscaron coleccións que axuden a motivar a novos lectores para a lectura en grupo e outros libros que simplemente sabemos que van gustar, e farán que podelos ler en familia sexa un pracer!!

Seguiremos informando ………. De momento toca desempaquetar e “rexistrar” cada un destes CENT100´S DE LIBROS!!

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s