Xa chega o Samaín!

Xa quedan pouquiños días para celebrar o Samaín e como todos os anos os nenos e nenas poderán levar as súas cabazas decoradas ao cole, onde quedarán expostas ata o mércores, que haberá unha pequena festa pola mañá, onde percorrerán os pasillos disfrazad@s vendo as cabazas expostas e celebraran un pequeno magosto no patio, con música en directo.

Desde a Anpa convidámosvos a vir o luns pola tarde ao ximnasio coas vosas cabazas e decoralas alí, logo xa poden quedar no cole para a exposición. Estaremos de 5 a 7, que nos botan 🙂 Animádevos a participar!

Ademáis disto, o xoves 31 (que lembrade, non é lectivo!!) haberá festa no barrio, a partir das 7 na praza da Tolerancia celebrarase un magosto organizado pola AVV Francisco Rodríguez Otero, con castañas de balde, concerto e algún obradoiro para as cativas e cativos. Desde a Anpa imos colaborar organizando un pequeno pasarrúas coas nosas cabazas polo barrio, saindo desde a porta do cole, e ao chegar á praza poderemos expoñer as cabazas para que as vexa a veciñanza. Animádevos a vir e pasar unha boa tarde no barrio!!

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s