Dereitos, non parches!

9 DE OUTUBRO, 11.00 H, CONCENTRACIÓN DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DE MONELOS


Nas últimas semanas, a prensa está recollendo novas de recortes de personal, especialmente de atención á diversidade, en colexios da Coruña e a súa área metropolitana.
Fálase de polo menos trece escolas nas que non chegan os PTs, ALs e ATEs. Pero… ¿que é todo iso?


¿Que é AL? ​ É o mestre ou mestra especialista de Audición e Linguaxe. É a persoa encargada de previr, detectar e intervir nos trastornos e dificultades da comunicación: pronunciación, comprensión, conversa…. Poden ser dificultades máis severas como no caso das Necesidades Educativas Especiais ou dificultades máis puntuais que poida presentar calquera neno ou nena ao longo da súa educación.


¿Que é PT? É o mestre ou mestra de Pedagoxía Terapéutica. É a persoa que se encarga de previr, detectar e intervir en trastornos e dificultades directamente relacionados cos procesos de aprendizaxe: atención, memoria, cálculo ou lectoescritura entre outros. De novo, estas dificultades poden ir asociadas a trastornos específicos de maior ou menor impacto ou producirse de forma aillada ao longo do proceso de desenvolvemento.


¿Que é ATE? A TE son as siglas para Auxiliar Técnico Educativo, o que normalmente se coñece como coidadores. As coidadoras e coidadores son profesionais que acompañan e axudan o alumnado con dificultades motrices, de alimentación e de control de esfínteres.

¿Por que é un problema de todos e por que debería mobilizarme eu?
● Porque son recursos que calquera nena ou neno pode precisar nun determinado
momento.
● Porque a falta de apoios fai que o desenvolvemento do aula sexa máis complicado, especialmente en aulas saturadas.
● Porque permitir que o alumnado con dificultades quede sen atención é ensinarlles a todos a abandonar a quen precisa axuda.
● Porque este curso eliminaron persoal de atención á diversidade, pero o curso que
ben poderían eliminar mestres de primaria, de infantil, de idioma…
● Porque non podemos permitir que se recorte na educación dos nosos fillos e fillas.

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s