Tristes novas

Elvira era una das mestras máis queridas do noso centro.
Na etapa da Educación Infantil, na que os nosos pequenos e pequenas precisan maior atención e cariño, ela conseguía facer da súa aula un mundo de xogo e experimentación, motivador e emocionante para eles e elas.
Facer viaxar ás crianzas a mundos extraordinarios narrándolles contos como só ela sabía facelo, lograr que cantaran e danzaran alegremente con todas as pezas que lles aprendía ou poñer a traballar as súas cabeciñas con adiviñas, chistes e demáis xogos… son algunas das lembrazas que quedarán no recordo do seu alumnado.
Dende a ANPA do CEIP de Prácticas queremos mostrar o noso pesar polo pasamento da Mestra Elvira e facerlle chegar o cariño de todas as familias do centro á súa familia, amigos e compañeiras.
Tamén, informamos á comunidade educativa que enviouse una coroa floral en nome das familias do Ceip de Prácticas por parte da ANPA.

D.E.P. Elvira Lorenzo Mosqueira

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s