Quentando motores! Programa Cóxegas, actividades extraescolares e comedor curso 2019/2020

Un curso máis, retomamos a actividade no cole. Lembrámosvos que a ANPA é unha ferramenta para axudar a mellorar o funcionamento do centro e as facilidades para familias e que está ao alcance de todos os pais e nais dispostos a colaborar na medida das súas posibilidades. Así que animádevos a botar unha man!!

CÓXEGAS: do 11 ao 30 de setembro. Na seguinte ligazón podedes descargar o trítico tanto para o programa Cóxegas como para POE e Deporte no Centro.

Inscrición:

A partir do día 2 de setembro. Se precisa un mínimo de 10 escolares para a formación de grupo, senón non se realizará. Este ano a inscripción pódese facer online a través da seguinte ligazón (unha inscrición por alumno/a na que se inclúe, como campo obrigatorio a cubrir, a petición dos datos de domiciliación bancaria) Esta mesma ligazón sirve para inscribirse en POE e Deporte no Centro, unha vez cubertos os datos solicitados vai dando as opcións que se queren solicitar. Tamén poderedes facer a inscrición en persoa no local da ANPA o próximo venres 6 e luns 9 de setembro, en horario de 10 a 11 da mañá.

Custo: 15 euros, aos que hai que engadir o seguro de accidentes de 4 euros (cobertura para todos os programas xestionados pola Federación para o curso 19/20)

Becados: Debido ao retraso por parte do Concello da resolución das solicitudes de bolsas de comedor, os escolares solicitantes das bolsas deberán cubrir igualmente o apartado dos datos bancarios tanto na inscrición on-line como no formulario na ANPA. Non se lles pasará o recibo devengado do mes de setembro ate a confirmación da concesión ou denegación da bolsa de comedor. Se teñen concedida a axuda, deberán comunicarllo á Federación vía email a ocio@fedapascoruna.org , tendo de prazo ate o día 5 de outubro. No caso de non ser beneficiarios da bolsa, procederemos ao cobro dos recibos que lles correspondan entre os días 5 e 10 de outubro. Os escolares beneficiarios das axudas están exentos de calquera cota, incluida a do seguro de accidentes.

COMEDOR

Lembrámosvos que o servizo de comedor estará dispoñible desde o 11 de setembro. Podedes facer as inscricións a través do formulario que Jardanay habilitou con este fin, ou no local venres 6 ou luns 9 de 10 a 11 da mañá. Tendes toda a información sobre prezos, modalidades de inscrición e o enlace ao formulario, así como o cadro de actividades extraescolares, no post anterior :

https://anpapracticas.wordpress.com/2019/06/17/comedor-e-actividades-extraescolares-curso-2019-2020/

BECA COMEDOR – Información importante

Publicaron as listaxes provisionais hoxe 4 de setembro na web de servizos sociais do concello: http://www.coruna.es/servizossociais/gl/detalle-contido/lista-provisional-de-bolsas-comedor-curso-2019-2020/suceso/1453704377024?argIdioma=gl

Estas entrada foi publicada en curso 2019/2020 coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s