Convocatoria bolsas de comedor curso 2019/20

O plazo para presentar as solicitudes de bolsas de comedor para o vindeiro curso estará aberto do 22 de abril ao 6 de maio, ambos inclusive.

Requisitos:

a) Poderán acceder á bolsa de comedor todas as persoas compoñentes da unidade familiar que estean empadroadas e convivisen no mesmo domicilio do Concello da Coruña cos/coas menores de idade para quen se solicita a bolsa. Dado o carácter municipal da prestación, este requisito deberase manter durante todo o curso escolar 2019/2020, sen prexuízo de que ante situacións excepcionais, que serán valoradas polo persoal técnico dos servizos sociais municipais, se poida excepcionar este requisito.

b) Ser o/a proxenitor/a ou ostentar a tutela legal ou ter concedido o acollemento familiar do/a menor ou menores para quem soliciten a bolsa.

c) Ter matrícula efectiva ou praza solicitada dos/das menores en centros escolares públicos ou concertados do termo municipal da Coruña que conten con servizo de comedor en 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional e formación profesional básica.

d) Os ingresos máximos per cápita da unidade familiar non superarán os 6.000,00 € anuais, de conformidade co baremo que se establece na presente convocatoria.

e) Estar ao corrente no cumprimento das obrigas derivadas da participación neste programa, en caso de ser beneficiario/a da bolsa o curso escolar anterior.

f) Igualmente serán de aplicación os requisitos establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no Regulamento da lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de Subvencións aprobado polo real decreto 887/2006.

Bases da convocatoria e folla de inscrición:

Máis información e vías de presentación da solicitude nesta ligazón:

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s