Preparándonos para os camiños escolares seguros…

En breve queremos poñer en marcha os Camiños escolares seguros dentro do proxecto “Ancas, agora quero ir camiñando ao cole”, iniciativa que promove que o alumnado vaia andando ao cole con máis seguridade.

No cole xa levan tempo traballando cos nenos e nenas o tema da seguridade viaria cos profesores e coa asociación Stop Accidentes se chegou a hora de dar o seguinte paso.

Trátase dun proxecto voluntario, a participación NON é obrigatoria mais, se queres que os teus nenos ou nenas participen, precisamos a túa colaboración.

Inscrición

  • Se queres que o neno ou nena participe: cubre o formulario de inscrición no local da anpa.

Lembrámosche que do que se trata é de que nenos e nenas vaian xuntos ao cole camiñando, seguindo os camiños que xa temos marcados no barrio co símbolo da rá de San Antón (seguro que xa os viches pintados na beirarúa). Nais e pais temos que organizarnos en cada ruta e facer quendas para que cada día unha persoa adulta acompañe ao grupo. Comproba cal é a túa ruta.

Ao longo da semana (10-14 de decembro) recibiredes unha circular con máis información sobre o programa. Se tedes calquera dúbida podedes dirixirvos á anpa e tamén revisar as entradas anteriores do blog (aquí).

Para facilitar a inscrición dos voso nenos e nenas teremos horario especial no local da anpa ao longo desta semana:

Lunes 11/12 de 17:00h a 18:00h
Martes 12/12 de 9:00h a 09:45h
Jueves 13/12 de 9:00h a 10:00h
Viernes 14/12 de 9:00h a 09:45h

Tamen podes deixar a ficha de inscrición (dispoñibles na porta do local da anpa) no buzón da anpa, na entrada do cole.

Estas entrada foi publicada en 2018-2019 coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s